ste martes 4 de xuño de 2019 os nenos e nenas de sexto de primaria dos CEIP de Camariñas e da Ponte do Porto realizaron unha visita ás instalacións de ASPABER (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). Esta visita está enmarcada dentro do programa que está a levar a cabo o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade. Os nenos pasarono moi ben e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todo o gran traballo que esta asociación está a realizar.
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social organizará no mes de xuño no Concello de Camariñas charlas sobre 'Prevención de timos, robos y abusos a las personas mayores', que estarán impartidas polas forzas e corpos de seguridade do Estado.
O departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas deseñou un programa de charlas e saídas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade. Este programa dá comezo hoxe, venres 31 de maio, coa primeira das charlas de introdución a diversidade funcional que recibirán os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Camariñas. O luns, 3 de xuño, serán os seus compañeiros do CEIP Ponte do Porto os que asistan a esta actividade.
O Concello de Camariñas continúa coa súa firme aposta por reforzar os Servizos Sociais municipais. Así, desde o 1 de abril, estendeu a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos usuarios de grado un para cubrir a totalidade dos demandantes por primeira vez. Antes do mes de abril o SAF contaba con 90 usuarios que se atendían de luns a venres a través de 14 horarios de mañá e dous de tarde e a fin de semana con cinco de mañá e dous de tarde. Agora, con este aumento, pásase a atender a 103 usuarios cun horario máis de luns a venres, 15 en total.
Páxina 1 de 2