• Entrevista as dúas primeiras camariñás en recibir a vacina da COVID.

    As primeiras camariñás en recibir a primeira vacina do COVID-19 foron Laura Rodríguez e María Oanes, dúas sanitarias que están a vivir a pandemia dende dous puntos de vista moi distintos e ao mesmo tempo complementarios: Laura traballa dende hai 2 anos e medio dentro da planta cardíaca do CHUAC e dende que se abriu unha UCI para casos COVID fai roldas nela. Hoxe por hoxe leva un mes de continuo nesta UCI para casos críticos de COVID-19. María traballa para a Fundación Adcor dentro da planta de coidados  a rapaces e rapazas con capacidades especiais dende hai 4 anos. Isto fixo que pasara o confinamento con grupo de persoas especialmente sensibles a este tipo de situacións. Dende o Camarinas.eu puxémonos en contacto coas dúas para preguntarlles como foi a experiencia de vacinación e como viviron e viven este tempo de pandemia.

  • Da comezo o cribado masivo en Camariñas

    Hoxe, martes 19 de Xaneiro, da comezo o cribado masivo da veciñanza de Camariñas con probas do coronavirus. De tal xeito, están a ser citadas mediante sms a persoas maiores de 18 anos e menores de 60 que residen no concello para realizar a proba pcr. Os veciños de Camariñas e Xaviña terán que desprazarse até o centro de saúde da localizade camariñá, mentres que os habitantes de Camelle e a Ponte do Porto deberán facelo a casa da cultura de Vimianzo.