Camarinas.eu volve a dar unha noticia dos éxitos deportivos dun camariñán e faino cun fixo na sección de deportes: Fabián Canosa, xogador do Club Balonmán Camariñas. Xa en outubro de 2007 publicábamos a noticia do seu debut coa Selección Galega Junior nun partido contra o combinado portugués que tivo lugar en Cangas como prolegómeno dun enfrontamento entre as seleccións absolutas de ámbolos paises. Agora foi en Lalín onde participou como capitán da Selección Galega no torneo Eixo Atlántico Junior e do que Galicia saío campeona.