• Dona Carmen Tajes Pardiñas, veciña de Santa Mariña, Descanse en Paz

    Na tarde deste desapacible venres 12 de xaneiro de 2018 falecía aos 96 anos de idade Dona Carmen Tajes PArdiñas na súa casa de Santa Mariña. Os restos mortais de dona Carmen, viúva do señor Manolo de Lucas, están sendo velados na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Capela do Cemiterio Parroquial de Santa Mariña na tarde deste sábado ás 5 da tarde. Xa no camposanto veciñal, procederase a celebrar o funeral desta querida veciña de Santa Mariña, para acto seguido realizarse o seu sepelio no mesmo cemiterio onde o corpo sen vida de Dona Carmen terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Tajes Pardiñas, Descanse en Paz.
  • Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz

    Este  23 de setembro de 2017 falecía no Hospital Juan Canalejo o querido veciño de Santa Mariña Don Alfredo Mouzo Pardiñas aos seus 92 anos de idade. Máis coñecido en Santa Mariña como Leopoldo, era viuvo de Amelia Castro Castro, falecida hai exactamente oito meses, coa que tivera seis fillos. O corpo sen vida de Don Alfredo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste domingo 24 de setembro ás 17:00 horas. Alí, no santuario xaviñán, procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Don Alfredo. Acto seguido o corpo sen vida de Don Leopoldo será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Santa Mariña onde o noso querido veciño terá descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfredo Mouzo Pardiñas. Descanse en Paz.
  • LOCALIZAN EL PECIO DE UN GALEON DEL SIGLO XVI EN CAMARIÑAS

    Un grupo de la Real Liga Naval Española localizó el pecio de un galeón del siglo XVI a cuatro millas al suroeste del puerto de Santa Mariña, en el municipio de Camariñas y en plena Costa da Morte coruñesa. El hallazgo se produjo tras el descubrimiento entre sus redes por parte de una embarcación de la zona dedicada al arte del miño de un trozo de ánfora y una pieza metálica, que podría ser una espada muy deteriorada, por lo que un miembro de la tripulación dio parte a miembros de la citada entidad. La delegación de la Real Liga Naval Española en la Costa da Morte con ayuda de un colaborador desplazó a dos miembros al lugar indicado, comprobando que uno de los restos se trataba de una ánfora o tinaja de las usadas e los galeones españoles de los siglos XVI y XVII, muchas de ellas elaboradas en Buño. El trozo inferior de la tinaja de barro conserva esmalte en su interior al estar enterrada en arena. Es un fragmento de ánfora de pie plano con una base de 13 centímetros y un diámetro en su parte central de 28 centímetros, y un grosor de su pared de 9 milímetros. La olla podría tener más de 40 centímetros de altura en perfecto estado. Podría pertenecer a la urca Ángel Gabriel de 350 toneladas.
  • Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña

    Era sobre a media mañá deste mércores 17 de decembro de 2014 cando a embarcación de nome "Rosal" con base en Santa Mariña e con dous tripulantes abordo volcaba inesperadamente por mor dunha forte ola que os sorprendeu arroxando ao mar aos seus dous tripulantes a media milla do seu porto base, na zona coñecida como O Capelo. Foron os nosos amigos Cristian e Francisco rescatados rápidamente dende outra embarcación que se atopaba preto do lugar do sinistro. Gracias a esta rápida e provindencial intervención os mariñeiros da embarcación afundida non levaron máis que un gran susto non sendo así os danos materiais xa que todos os instrumentos e maquinaria da lancha quedaron totalmente inservibles debido ao afundimento total da embarcación. O drama na mar estivo a piques de cobrarse un novo tributo en Santa Mariña non moito despois de que non lonxe de alí, en Boiro, tres mareiñeiros galegos naufragasen ca súa embarcación ermañecendo desaparecidos nos intres nos que se escribía a presente crónica.
  • Se alquila casa en Santa Mariña

    Sigue a redacción de Camarinas.eu en Santa Mariña. Nun dos recunchos favoritos dos redactores desta web de todo o Concello de Camariñas, por outra parte. E seguimos coa publicación da posta no mercado inmobiliario dunha vivenda con unhas vistas privilexiadas a unha das zonas máis agrestes e salvaxes da Costa da Morte. Un inmoble que a poñen en alquiler os seus propietarios principalmente por temporadas e que conta con 2 habitacións (unha de matrimonio e outra con camas xemelgas) cociña e salón e un cuarto de baño. Unha acolledara vivenda totalmente amoblada nun dos lugares máis tranquilo que un pode escoller para vivir e con unhas vistas espectaculares dos mares de Santa Mariña dende o seu coqueto patio. Para máis información recomendamos poñerse en contacto cos propietarios desta casiña de Santa Mariña no 637 31 73 80.
  • Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

    A renovada comisión de festas de Santa Mariña ven de organizar para este sábado 6 de decembro de 2014 unha cea baile no Ristorante O Ariño de Xaviña co obxectivo de achegar uns cartiños para a próxima cita festeira dunha das vilas mariñeiras máis coquetas da Costa da Morte. A cena, que estará amenizada por un dúo musical, contará con un sinxelo aínda que apetecible menú no que se servirá en primeiro lugar uns entrantes variados. Xa despois, ben parapetados na mesa todos os comensais, comezarase co reparto do rancho que consistirá en gambas á plancha e churrasco de porco e de tenreira con guarnición e ensalada para despois finalmente culminar con un cafeíño para relaxarse uns e para despexarse os máis bailadores antes de que comece a sesión musical. Todos aqueles que desexen acudir a esta cita para beneficencia da famosa Festa de Santa Mariña poden chamar ao 672 04 19 63 para confirmar a súa asistencia.
  • Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

    Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca.
  • Arranxo de desperfectos no Porto de Santa Mariña

    Os elementos son así: desencadeados, arramblan con todo. Unha vez incluso, acabaron ca máis grande armada nunca antes vista. Era esta a Invencible, posta en marcha por Felipe II con vistas a unha posible invasión de Inglaterra e que, como ben é sabido, acabou malbaratada polas costas británicas despois dunha sucesión de temporais recurrentes. Entón foi cando o posiblemente mellor expoñente en toda a súa historia da Monarquía Española (quien te ha visto y quien te ve) soltou aquelo de "Yo no mandé mis naves a luchar contra los elementos". O que non é tan sabido e que tan só un ano despois creouse unha armada aínda maior, a Invencible Inglesa ou "Contraarmada", co obxectivo declarado de vengar a intentona anterior, independizar Portugal do dominio español e asestar un golpe definitivo a situación de supremacía absoluta no plano político e militar de que gozaba o Imperio Español naquel entón. Os seus resultados foron un conxunto de hecatombes militares (Lisboa, A Coruña) que remataron co afundimento ou captura de 30 buques, 13.000 mortos e 6.000 desertores e a revelación da incompetencia inaudita dun tal Francis Drake. Un dos maiores desastres militares da historia, moi superior ao intento que o antecedera. Pero ahí, precisamente, é onde entra en xogo a propaganda e a desinformación, que fai que hoxe pasados 425 anos se fale da primeira armada e non da segunda e se teña a un vulgar sacamantecas náutico polo máis grande corsario de tódolos tempos.
  • Video dos Percebeiros Santamariñáns

     Dentro da memoria audiovisual do Concello de Camariñas se hai documento de valor excepcional, filmado no seu momento cunha profesionalidade exquisita, montado na fase de posproducción ca dilixencia propia dun orfebre e cun contido, en definitiva, inmortalizador dunha profesión, dun lugar e dunha época, ese foi o documental dos percebeiros de Santa Mariña grabado pola TVG alá polo ano 1999. Vinta e oito minutos de reportaxe que indaga na alma e conviccións que animaban nun coqueto recuncho da Costa da Morte a un pequeno grupo de profesionais a xogarse o pelexo ante o máis terrible dos mares.
  • Efectos do temporal Becky en Santa Mariña

    A amenaza doutro forte temporal, este vendavalado, recibe ao visitante que na mañán do sábado 13 de novembro de 2010 vislumbra dende as alturas que dominan Santa Mariña un mar perennemente encabritado. Pedras esparcidas por doquier, enormes trozos de asfalto arrancado, obrigan a pensar na paisaxe resultante de manifestacións de estudiantes contra a policía, de 100.000 obreros en paro, cabreados e frustrados, aqueles niñatos de 1968 en París, no Cojo Manteca, quen sabe... Nin rastro das nasas supostamente arrasadas por unha orxía de auga e vento. Segundo a prensa, os técnicos do Concello (¿?) cifran os danos ocasionados pola Tormenta Becky en 620.000 euros. O día de autos un percebeiro santamariñán laiábase a quen quixera escoitalo que o temporal ocasionáralle danos nos seus pertrechos valorados en "máis de 8.000 euros" e un non pode evitar recordar ao tristemente falecido Luis García Berlanga e a súa profética, visionaria, "Bienvenido Mister Marshall". Entón só  queda darlle gracias a Deus de que os danos non foran valorados polos citados técnicos en 6 ou en 60 millóns. A chuvia azota xa duro na cara cando o visitante en ruta itinerante chega ao Porto de Arou e contempla un escenario propio de calqueira dos periódicos terremotos da cuenca andina. Unha carretera no altiplano boliviano, un camiño na sierra que rodea Cuzco, un grupo terrorista, unha banda paramilitar, quen sabe si o exército, agazapado tras unha roca desprendida no recodo dun camiño incerto. Chegamos xa cun temporal desatado a Camelle, estación terminal do vía crucis camariñán cun cartel que da a benvida ao visitante ás portas mesmas do que un día fui o Museo do súbdito de nacionalidade xermana Manfred Gnadinger: "Camelle esixe ás administracións implicadas o arranxo do Museo do Alemán. A.A.V.V. A Pergoliña" e aquí tamén o visitante non pode evitar recordar o premonitoria, visionaria, que foi a enquisa organizada, hai anos xa, por unha web entón de recente fundación na que os seus lectores para solventar a cuestión de que facer co legado de Man decantáronse nunha porcentaxe próxima ao 25% pola opción "Deixar que o mar tire con todo". E entre tanta desolación, entre tanta ruina, tanta aflicción, tanto recordo, surxe unha pregunta:  e de todo esto ¿a quen se lle pode botar a culpa?
  • Entrega da Estación Depuradora de Augas Residuais de Santa Mariña

    De pe, ao aire libre, con montes salvaxes como testigos, con picos agrestes como protectores, foi firmado na mañán do 28 de maio de 2010 un documento de honda trascendencia para unha pequena poboación mariñeira enclavada no illamento máis absoluto: Santa Mariña. Tratábase do traspaso por parte de Augas de Galicia da pequena Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que de agora en diante será a encargada de sanear as augas negras santamariñenses. Obra acometida por este organismo autónomo adscrito a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e enmarcada no Plan de Saneamento Integral de Galicia 2005-2009, unha vez rematada a execución da mesma cumpría entregala ao Concello de Camariñas que será o encargado de proceder a súa xestión e mantemento. Por elo cara ás 11 da mañan achegábase o alcalde Pichurri pola carretera que descende dende o núcleo urbano de Santa Mariña cara o seu coqueto porto,  para en compañía dos técnicos enviados dende Augas de Galicia, comprobar o estado dunhas instalacións das que destaca unha instalación eléctrica que tivo que ser financiada polo propio concello. Unha vez obtido o correspondente plácet dos técnicos chegados dende a capital de Galicia, alí no medio da carretera, sobre unhas carpetas, co vento de frente e as nubes enriba, firmouse un documento histórico para esta pequena poboación costeira.  
  • Festas de Santa Mariña 2009

    Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen
    Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen

    Vila pequena, Sardiñada grande

    Constitúe un rincón remoto da Costa da Morte.  Enclavada na ladeira dunha montaña que cae serpenteando cara o mar tenebroso do finisterrae atlántico. Os seus veciños superan en moi pouco os cen habitantes. Pero os que nela moran presumen con orgullo que cada 17 de xullo alí se celebra unha das mellores sardiñadas do mundo. Cun producto exquisito e unha condimentación perfecta. Unha festa gastronómica onde as sardiñas, o pan de broa, o viño, a cervexa e os cubaxas se reparten prodigamente sen ningún tipo de límite. Camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, dos olvidados e ninguneados, non podía olvidarse de Santa Mariña e presentouse no que xa constitúe unha cita gastronómica a ter en conta nos calendarios culinarios desta Costa Atlántica  e que dou o pistoletazo de saída para as Festas do Carme de Santa Mariña 2009. 

  • Cartel das Festas de Santa Mariña 2009

    O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas
    O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas

    ¡Santa Mariña vai nela!

    Pois si, queridos usuarios o verán xa está aquí. Xa chegou, e co bo tempo chegan todas as actividades e festas que se organizarán durante toda a época estival no noso concello. Hai uns día que xa publicamos o gran cartel das Festas do Carme para este ano 2009 e hoxe procedemos a publicar o cartel das grandes festas que se realizarán na nosa querida vila de Santa Mariña e que contan cunha gran sardiñada que se realizará o 17 de xullo da cal din os que saben do tema que "a de Santa Mariña é unha das millores do mundo". En fin, camarinas.eu como web representativa de todo o Concello de Camariñas  e 12º medio de comunicación por internet de Galicia estará alí este día tan importante para os veciños de santa Mariña para realizar unha completa reportaxe de todo o que alí aconteza. Así nolo pediron amablemente os representantes da Comisión de Festas e así o cumpliremos. Esperamos vervos a todos alí. Polo de agora: un gran cartel destas festas de Santa Mariña e unha pequena galería de fotos que nos manda o noso querido usuario "Chicote".
  • Cicloturismo.eu: Brea (Xaviña) - Santa Mariña

    Brea e Santa Mariña, dous verxeles naturais, apartados e vírxenes que son visitados da man de camarinas.eu
    Brea e Santa Mariña, dous verxeles naturais, apartados e vírxenes que son visitados da man de Camarinas.eu

    Visita ao remoto Lugar de Brea

    A semellanza da célebre escena protagonizada por Scarlatta O'Hara en "Lo que el viento se llevó" os redactores de camarinas.eu xuraron no seu día non deixar un só palmo de terreno do noso municipio amado sen rastrexar e así a web líder do Atlántico Norte segue amosándolle ao mundo a beleza sobrecolledora dos rincóns máis apartados do Concello de Camariñas, nesta ocasión da man do redactor polivalente de Camarinas.eu, Luis Rodríguez Luaces, que nos fai viaxar a dous dos núcleos  posiblemente máis apartados do Concello dentro dunha mesma ruta turística do máximo interese.

  • Sergio Martinez: Un campeón de karts de Santa Marina

    Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso

    Sergio Martínez, primeiro pola esquerda festexa no podio o seu triunfo inapelable
    Sergio Martínez, primeiro pola esquerda festexa no podio o seu triunfo inapelable

    Xa podemos tirar con Fernando Alonso ao mar. E concretamente contra as pedras de Santa Mariña agora que alí aparecío o seu sustituto natural que como o gran piloto asturiano debuta e triunfa no mundo dos karts. Bromas aparte, o rapaz Sergio Martínez, con pai de Santa Mariña e nai de Santa Comba, é todo un neno prodixio no mundo dos karts tal e como o proban as súas victorias continuadas ao frente do equipo Hobbykart-Cubicaje no Campeonato de Galicia de Karting. Pulsa na foto para ler a traxectoria deste neno prodixio de Santa Mariña e ver as fotos do seu triunfo inapelable no circuito de A Magdalena de Soutelo de Montes.

  • Tarde de Lecer en Santa Marina

    Os reporteiros de camarinas.eu non paran. Aproveitaron a tarde do Domingo para facer unha xira pola costa norte do noso Concello, visitando nunha viaxe de vagabundeo Camelle, Arou e Santa Mariña, para retornar ó fogar camariñán e ofrecervos esta crónica tinguida de melancólicas reflexións.

    Precisamente foi a beleza de Santa Mariña a que fixo que a nosa expedición alí quedara varada. Deixando á marxe a espectacular mellora en servizos que experimentou este nucleo poblacional (polideportivo, ampliación do porto, vías de acceso, etc..), o que deixou especialmente abraiados aos redactores do principal diario on-line de Camariñas foi a forma en que se segue a desenvolver a vida neste recollido e coqueto porto chamado Santa Mariña: pausada, próspera, feliz, inmutable.