A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe nunha videoconferencia convocada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para informar da situación epidemiolóxica aos alcaldes de Bergantiños e Soneira. No encontro, Comesaña comunicou que o Concello de Camariñas comezaba a estabilizarse e Sandra Insua agradeceu o rastreo que se fixo na Industria Cerdeimar xa que "supuxo un respiro que non xurdiran demasiados casos nese cribado". Manifestou tamén a súa relativa tranquilidade "ao ser dos municipios menos afectados á vista dos datos, baixando de 32 a 28 positivos e sabemos que hai contaxiados que pronto se darán de alta". De tódolos xeitos solicita á veciñanza "que sexan cautos, que cumpran as normas actuais e tamén as posibles novas medidas que esixa a Xunta despois deste comité clínico".
Os nenos e nenas que nazan en Camariñas no ano 2020 chegarán ao mundo cun regalo baixo o brazo. Antes do comezo do Estado de Alarma o primeiro ‘bibliobebé’ do 2020, Hugo Rodríguez González, recibiu os seus agasallos por parte da alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro.
Despois do terremoto mediático que supuxo tanto a publicación do makinf off como da revelación do impresionante cartel da Mostra do Encaixe protagonizado por Damián Álvarez, continuaba a apisonadora mediática da mostra a conquistar Madrid por tódolos flancos posibles. As redes sociais botaron fume durante toda esta semana con estas dúas publicacións. As estadísticas ás que temos acceso dentro do facebook da Mostra son de infarto: caseque 500 veces compartido e 30.000 persoas alcanzadas en tan só 24 horas co cartel creado por Diego Alonso e protagonizado por Damián Álvarez. Unha asoballadora avalancha social poderíamos dicir que deixa en ridículo outras publicacións. Máis alá, e dentro destas accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu ao mesmo tempo promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da XXX Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano.
Este pasado 13 de xuño de 2019 a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e varios membros da actual corporación e do futuro goberno do municipio, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas da Coruña, Rafael Eimil, para coñecer o estado dos proxectos que ten o Estado para Camariñas.
O Concello de Camariñas continúa coa súa firme aposta por reforzar os Servizos Sociais municipais. Así, desde o 1 de abril, estendeu a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos usuarios de grado un para cubrir a totalidade dos demandantes por primeira vez. Antes do mes de abril o SAF contaba con 90 usuarios que se atendían de luns a venres a través de 14 horarios de mañá e dous de tarde e a fin de semana con cinco de mañá e dous de tarde. Agora, con este aumento, pásase a atender a 103 usuarios cun horario máis de luns a venres, 15 en total.
Páxina 1 de 2