Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
San Xurxo 2015
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Procesión de San Xurxo 2015 en Camariñas
E outra ano máis chegou a festa que honra ao patrón de Camariñas. E chegou desta vez cun tempo primaveral que encheu Buría ata os topes de xentes ledas e coa visita tan inesperada como electoralista da Delegada Territorial da Xunta de Galicia. EStreouse nestes menesteres unha tal chamada, segundo contan, Belén Do Campo, a cal pasaría totalmente inadvertida entre toda a muchedumbre que abarrotaba o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo de non ser pola ridícula presencia dunha patrulla de mequetrefes autóctonos sen oficio nen beneficio que rebolotearon ao seu redor. Tarea penosa a que se lle está a facer pasar a estes mandados dende a dirección provincial do PP da Coruña para tentar evitar o colapso total e máis que seguro afundimento definitivo do seu partido na vila de Camariñas. Estas vindeiras eleccións municipais virían a supor, de ser certas as previsións que manexan altas instancias populares, unha verdadeira debacle con consecuencias fatales para un PP totalmente fracturado, especialmente dende as últimas e incomprensibles decisións tomadas dende esta desquiciada dirección provincial, que cedeu aos chantaxes favorecendo a un bando desertor que tentou publicamente organizar un partido independente e cachalote, decisión que sorprendentemente castigou a tódolos concelleiros electos polo pobo soberano nas derradeiras eleccións municipais.
Cartel da Cena Baile do San Xurxo 2015 en Camariñas
Despois do éxito abrumador colleitado pola comisión da Virxen do Monte 2015 encabezada pola concelleira Mayte Castro Carril chega o turno do distrito de Buría e comeza a quentar motores xa a seguinte festa do calendario festivo camariñán. Este é o caso da nosa querida entrañable Festa do San Xurxo cuia comisión ven de presentarnos o cartel da que será a súa cea baile co fin de recaudar fondos a prol da festa do noso Patrón. Unha suculenta cea que se celebrará 18 de abril de 2015 ás 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos de Camariñas. O menú que se servirá será todo un clásico deste tipo de enchentas e contará con entrantes de empanada, de seguido servirase unha sabrosa merluza á romana con patacas ao vapor e ensalada. Xa para finalizar o rancho servirase un suculento xamón de tenreira en salsa de champiñóns e para rematar, os camareiros do coñecido ristorante camariñán repartirán entre os asistentes un exquisito postre a escoller entre fresas con nata ou tarta xeada. Todo elo regado con viño, auga e refrescos. Xa despois, e antes de comezar a mover o esqueleto os asistentes poderemos degustar os consabidos cafés e chupitos para ir quentando motores para preparar o asalto ao bailoteo. Todo aquel que desexe asistir a esta gran cea a prol da Festa de San Xurxo poden facelo falando directamente cos integrantes da comisión ou ben chamando ao 687 64 13 08, eso si, terá que facelo antes do venres 17, data en que se cerrará o prazo para asistir a esta cea. Benvido San Xurxo 2015!
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Confirmacións no Concello 2011
Máis de 150 persoas abarrotan a Casa de Pedra na preestrea de Eu Son Camariñas
Xa estamos no Carnaval, por Antonio Puertas "Beldoña"
San Xoán 2012 en Xaviña
Felix coa Selección en Pontevedra