• Procesión de San Xurxo 2013 en Camariñas

    Hai uns anos, non tantos, un 23 de abril, con motivo do acto de homenaxe a Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián que sufragou a construcción da Igrexa de San Xurxo, Daniel Rego González subía á tarima instalada por operarios municipais no Lugar do Cotro e co beneplácito da Comisión de Festas daquel entón e ante un cariacontecido auditorio impartía un auténtico mitin político. Indiferente á sorpresa inicial do público asistente pola extemporaneidade e inoportunidade de semellante arenga partidista, micrófono en man comenzaba lembrando aqueles anos nos que seu proxenitor o ía a buscar puntualmente cada 23 de abril ao internado santiagués onde arrancaba unha carreira académica posteriormente tan exitosa e exemplar, rubricada con multitude de títulos e recoñecementos doctorais, para que deste xeito estivera presente na gran festividade do Patrón de Camariñas. Despois entraba xa en fariña política e censuraba ante o numeroso auditorio como nunha data tan importante para todo bo camariñán, na que ata a fábrica de Cerdeiras daba o día libre aos seus traballadores, a maior empresa de Camariñas, o Concello, non declarara o día festivo. Seguía despois o discurso por parecidos derroteros que un xa non atinou a escoitar ao retirarse, asqueado e escandalizado pola conversión e utilización dun acto en principio emotivo e desinteresado nun mitin partidista. A política, a maldita política, que acababa unha vez máis pudrindo ata a raíz co seu abrazo mortal un sinxelo acto de homenaxe ao maior mecenas da historia de Camariñas.
  • Programa da Festa de San Xurxo 2013

    Colaborando sempre desinteresadamente cas diferentes asociacións do Concello de Camariñas, desta volta procedemos a publicar o programa de festas e a convocatoria da Cea Baile de San Xurxo 2013. Froito todo elo do esforzado traballo dos membros da Comisión de Festas que foron quen de idear un programa completo e interesante para a edición deste ano que honrará ao Patrón da Vila das Palilleiras. Unha festa que arranca ás 21:30 horas deste sábado 13 ca Cea Baile recaudatoria e que reenganchará nas horas do sagrado vermout do sábado 20 cando a Orquesta Panamá armonice os compases musicais iniciais da gran festividade de Buría. Uns actos programados que se extenderán ata o mércores 24, cando a altas horas da madrugada, as Orquestas Fania e Marbella poñan o broche de ouro final á festividade adicada ao noso Santo Patrón. O calendario festivo 2013 xa está aquí.