• Todo listo para o espectacular San Blas 2015 en Xaviña

    Xa están as potas a todo lume nas cociña, as viandas máis exquisitas xa a remollo. Os traxes masculiños e as últimas galas femininas xa están preparadas para uns dos días máis grandes da parroquia máis extensa do noso concello. Un día festivo este sábado 7 de febreiro de 2015 no cal se homenaxeará en Xaviña ao seu querido San Blas coa tradicional misa oficiada dende hai décadas polo sabio cura párroco Don Mario no milenario santuario románico de Santa María seguida esta da solemne procesión que percorrerá parte da flamante Rúa da Igrexa. Despois dos oficios relixiosos procederase ao baile vermout coa actuación da Orquesta CINEMA. Xa á noite espérase gran afluencia de persoal orquesteril á verbena que ten como actuación estelar nada máis e nada menos que á orquestra FILADELFIA acompañada da orquestra CINEMA. Coma sempre só nos queda felicitar a esta xoven e traballadora comisión de festas de rapazas de Xaviña que, coa entusiasta colaboración do Concello de Camariñas así como das diferentes casas comerciais de gran parte deste, está cada vez deixando o listón máis e máis arriba. Noraboa chicas!
  • Cartel da Festa de San Blas 2015 en Xaviña

    Todo anda listo en Xaviña para que o vindeiro sábado 7 de febreiro arranque outra edición da Festa de San Blas. A tradición manda na parroquia máis extensa do noso concello e os veciños cumpren ca máxima pulcritude co rito: ata dúas orquestas de primeiro nivel ao decir dos sabios expertos nos menesteres orquesteriles, que aínda que poida parecer increíble hainos, Cinema e Filadelfia, farán a súa estelar aparición pola interminable llanura xaviñana alá polas datas de febreiro. Elo acompañado do aderezo de rigor: misas, solemnes sesións vermús, as gaitas de Abrindo Rejo e a ledicia e simpatía das boas xentes de Xaviña. San Blas, foi elexir bo sitio para ser cristianamente honrado... E para irquentando motores unhas fotiños de arquivo da festa do 15 de agosto. Arrancamos o calendario festeiro 2015: esto vai ser un non parar!!