Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Rúa da Covadiña
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Importantes melloras nas pavimentacións de varios nucleos rurais de Xaviña
Quen poidera percorrer día tras día todas e cada unha das obras que afloran cáseque cada semana por tantas esquinas do noso concello! Pararse frente a elas con palillo nos beizos, apoiarse co cu para atrás e as patas cruzadas nun deses valados amarelos que avisan ao viandante da inminente obra pública e discutir con calqueira que pase por alí a viabilidade da obra. Eso sería a mellor vida para un redactor de Camarinas.eu... pero como aquí temos tamén que traballar para gañarse o pan e visto que a política nos importa un pepino pois é o que hai. Esta foi unha das causas de que sexa agora, despois de varias semanas da súa finalización, cando nesta web nos enteramos de que o Concello de Camariñas ven de acometer unha mellora significativa no firme do tramo que une os nucleos rurais de O Cruceiro coa Covadiña. Unha obra financiada en parte polo AGADER que foi adxudicada á empresa Padrosán Construcciones S.L. por un importe de 43.557,58 euros. Os traballos consistiron na limpeza e acondicionamento das cunetas, entubado de varias zonas da zona nas cales se permitía esos traballos e onde non se pudo fíxose media caña de cemento e pavimentouse todo o tramo cunha capa de asfalto. Unha obra que terá continuidade en breve según nos contan dende o concello e que será o prolegómeno para outras inminentes actuacións na parroquia de Xaviña. E nos aquí estaremos atentos para non perdernos nin unha destas obras.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Churrascada-Sardiñada no Pub O Pincho
Javier Temprano Quiza DEP
Pleno Ordinario de Marzo 2011 no Concello de Camariñas
O IES Pedra da Águia celebra o seu 20 aniversario cun espectacular video
María do Carmen Castro Carril, Descanse en Paz