Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Roubos en Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Novo roubo no Café Bar San Remo de Camariñas
Despois da longa recuperación de nosa querida amiga Ángeles, xerente do Café Bar San Remo, tivo que padecer ao sofrir unha enfermidade que a postraba no hospital por caseque medio ano, agora cébanse co seu negocio os malnacidos amigos do axeno. Na madrugada deste martes 20 de febreiro uns descoñecidos asaltaban (e xa van dúas veces en menos de seis meses) o local hostaleiro situado en pleno paseo marítimo camariñán arrancando de cuaxo a verxa metálica de seguridade que pecha o local hostaleiro. O sistema para facelo saltar polos aires foi ben sinxelo, amarrando unha cadea ao portal para tirar del mediante o potente motor do coche dos cacos. E a pesares do gran estruendo que produxo non temos constancia de que ninguén se enterara do asalto, e pensamos que foi mellor así xa que tal e como andan crecidos os delincuentes esto estase a parecer máis a un pobo olvidado do medio oeste norteamericano do século XIX que unha vila española do século XXI.
Nova oleada de roubos: Camariñas ao borde de tomarse a lei pola man
Espectáculo cómico-taurino-musical na noite camariñana. É como si El Bombero Torero se puxera a lidiar non miuras, porque os ladróns que están a asolar Camariñas durante estes últimos meses tampouco é que sexan a mafia marsellesa, pero sí un novillo de certo trapío na Plaza de Las Ventas: pois que a cornada soe ser antolóxica. ¿Qué ten que pasar aquí para que o Estado protexa ao seus cidadáns? ¿A eses empresarios, autónomos titulares de pequenos negocios aos que abrasa a impostos? Foi a enésima algarada delincuencial no concello do fin do mundo a da madrugada deste pasado 9 de febreiro que presentaba como novidade máis destacada que cando tras asaltar o Restaurante Meu Lar, os delincuentes a emprendían co templo sacrosanto do madridismo na Costa da Morte, o Café Bar Jose Manuel, un número da Guardia Civil veciño das inmediacións, alertado polos métodos un tanto rudimentarios dos asaltantes decidío facer acto de presencia co pequeno detalle de que o fixo sen a súa arma reglamentaria, ante o cal os ladróns fixéronlle frente, continuaron tranquilamente co asalto ao local e aínda tiveron o detalle torero de rematar o seu paseíllo triunfal camariñán cunha impecable faena na Cervexería Noha na Ponte do Porto.
Nova oleada de roubos: Camariñas abandoada ante os delincuentes
Soe ser unha convención máis o menos aceptada por todos que España constitúe a día de hoxe un dos países máis seguros do mundo: os niveis de criminalidade mantéñense nuns guarismos sorprendentemente baixos, un pode pasear tranquilo polas rúas e os cidadáns consideran as súas propiedades razoablemente seguras. As grandes algaradas e quebrantos da lei soen estar restrinxidos ao ámbito político con linchamientos contra os representantes do Estado como o perpetrado por unha xauría de etarras en Alsasua ou espectáculos nacionalistas violentos como o dos independentistas da CUP en Manresa. Pero non sabemos se por incompetencia, por ineptitude, por olvido ou por pasotismo Camariñas vese asolada dun tempo a esta parte por unha oleada de criminalidade sen precedentes con episodios tan indicativos como o que tiña lugar na madrugada deste 15 de decembro co asalto perpetrado contra o Café Bar Arnela e o Bar do Casino. Xa os precedentes indicaban que algo non ía ben: o Bodegón O Percebe era víctima de ata dous roubos en tres semanas e hai menos de sete días o Arnela sufría outro intento de roubo. Nestas estábamos cando nunha das principais arterias viais da capital municipal dous dos seus locais máis emblemáticos eran asaltados pouco menos que a cara descuberta. Porque alertados polo estrépito dos métodos un tanto rudimentarios empregados polos ladróns (romper o cristal e para dentro) dous veciños dunha das casas situadas frente do Arnela saíron á ventana e empezaron a dar voces contra os asaltantes por ver de disuadilos dos seus fins. A resposta non poido ser máis indicativa: sin inmutarse un instante e cun sorriso nos labios invitaban a estes veciños de Camariñas a baixar xunto a eles. Dous, un deles de moi baixa estatura, entraban ao Arnela e outros dous esperaban nun coche. Algo parecido sucedía no Bar do Casino, asaltado tamén na mesma noite de autos, co engadido de que segundo se comentaba hoxe pola rúa un veciño do inmueble escuitou falar nun idioma estranxeiro.
Pánico en Camariñas: Oleada de roubos na vila
Que nos sepamos xa van tres hurtos na Vila de Camariñas no último mes. Hay escasas semanas uns descoñecidos entraban con forza pola ventana do baño da Cafetería Victoria, en pleno paseo marítimo Camariñán. Os asaltántes conseguirían levarse algúns artigos de valor do establecemento hostaleiro camariñán. Esta madrugada do xoves 20 de novembro producíase un acto sen precedentes na vila das palillieras cando eran asaltados pola forza dous establecementos comerciais en pleno centro de Camariñas. Os locais ("Peluquería Rosana e Sonia" e "Farmacia de Gabriela Trullenque") nos cales os amigos do axeno tentaron roubar distan entre sí escasos metros e foron asaltados rompendo sendas cristaleiras con grandes pedras. Ao parecer os ladróns non conseguiron levar consigo ningún obxeto de valor e ningún veciño da Rúa Tras Praza e da Rúa O Areal sentiron nada extraño esta madrugada. Ata o lugar dos feitos trasladouse a primeira hora da mañá unha parella da Garda Civil para tomar denuncia dos feitos así como o Alcalde de Camariñas Pichurri que pudo comprobar o alcance dos danos provocados nestes coñecidos establecementos da nosa vila. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos dar todo o noso apoio ás nosas veciñas Rosana, Sonia e Gabriela neste duro trance e ofrecer a nosa axuda en todo o necesario.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
camarinas.eu conection: Contra o Imperio da Droga
O Concello de Camariñas renova 102 luminarias na parroquia de Xaviña para mellorar a eficiencia enerxética
Conservas Boya 29-42 Porriño
A nova lonxa de Camariñas
Regata Muxia Porto Xacobeo: Novos triunfos da vela Camariñana