• Rotura importante da traida de auga na Reja en Camariñas

    Seguramente os lectores da vila de Camariñas se decatasen, ao levantarse hoxe pola mañán, que das billas non caía pinga de auga. A razón é que na subida de Agrelo rompeuse unha das arterias principais da distribución de auga potable. Según puido coñecer camariñas.eu, a avería ten mala pinta polo lugar en que aconteceu e os técnicos pensan que vai durar varias horas reparala.