En días pasados puidemos ver como un coche cunha cámara instalada no seu teito percorría infatigablemente as rúas do Concello de Camariñas: tratábase dun automóvil contratado por Google para actualizar os datos xeográficos de Camariñas no Google Earth, así como para dispoñer das imaxes precisas que cáseque milimétricamente poidan ser consultadas en calquer lugar do globo terráqueo. Nembargantes o estupor, o asombro e a indignación máis absolutas apoderábanse da redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica cando ao consultar si os resultados da expedición cibernética xa estaban volcados en internet descubríamos que a antigamente coñecida como Ría de Camariñas aparecía en Google agora co nome de "Ría de Muxía e Vimianzo". De tempo atrás eran sabidos os persistentes e oscuros manexos de certos sectores procedentes da cara sur da Ría de rebautizar a esta como "Ría de Camariñas e Muxía", de feito todo aquel que se acerque polo Mirador do Facho, na carretera que une a citada vila con Cee, atopará unha serie de carteis informativos ca lenda mencionada, ominipresente en toda a información municipal muxiana.