• Lazo: viaxe ao enclave despoboado camariñán

    O abandono do mundo rural con destino final nas grandes cidades foi unha das constantes que permiten entender o así chamado desarrollismo español dos anos 60 e 70 do século pasado que convertío a España na potencia económica que coñecíamos ata agora. Lugares como Lazo a todo o longo da xeografía nacional quedaron despoboados das súas xentes como sacrificio inevitable no altar do progreso económico e material e como almas en pena continuaron a duras penas ca súa existencia moribunda. Coñecedores desta innegable realidade camarinas.eu decidío personarse en Lazo na tarde de febreiro de 2009 en Laso para adicarlle unha reportaxe ao último enclave despoboado do Concello de Camariñas.
  • Viaxe ao centro da Estacion Depuradora Augas Residuais Camariñas

    Aproveitando os tímidos raios de sol que acabaron por asomar na sobremesa do xoves 12 de febreiro, tres membros da redacción de camarinas.eu decidiron acercarse ata a Estación Depuradora de Augas Residuais de Camariñas, sita cerca da emblemática Praia de Portoselo. Alí, o noso gran amigo e profesional do saneamento Manolo do Panadeiro exercío de mestre de ceremonias e presentounos a David Andrés, o xoven burgalés que traballa como xefe de obras da planta dunha EDAR que segundo o previsto entrará en funcionamento non máis alá de xuño, poñendo fin aos vertidos seculares que enchían as augas do porto de Camariñas dunha cor nauseabunda e o aire dun perfume embriagador. Viaxa da man de camarinas.eu a unha das grandes obras do Concello a traves dunha amplia galeria fotografica e dun espectacular vídeo a ritmo de tango.
  • Arou e Lobeiras un crudo día de inverno

    No mismo día no que nos enteramos de que supostamente o record da maior ola da historia rexistrada en 20 metros no Cabo Vilán foi superada en 4 metros por outra medida a 22 millas de Santander, en pleno Mar Cantábrico, e dada a ausencia estes días de noticias (interesantes, queremos decir) dignas de publicación,  pois decidimos irnos ata Arou ca chuvia pegándonos duro nunhas caras xa afeitas a todo e destruidas en gran medida polo paso do tempo, para ver si pescábamos alí algo. O resultado foi unha reportaxe sobre un crudo día de inverno en Lobeiras e Arou a tan só dous días da finalización das obras do seu Paseo Marítimo.
  • Video Documental de Camarinas

    Documental de Camariñas en youtube para velo en camarinas.eu, Hoxe amosámosvos un documental que anda pola rede e que trata de mostrar un pouco o que é Camariñas e o que ofrece. Ten algúns erros porque non foi feito por xente de aqui, pero bueno, espero que vos guste.
  • Singladura nautica polo Vilan e Reira

    Despois de moitos anos temos a oportunidade de ver o faro de Camariñas desde outra perspectiva. Este Sábado 4 de Agosto, da man dun dos nosos mariñeiros máis experimentados, Toñito, patrón da enbarcación "PIRUCO" recorremos todo o litoral Camariñán co obxectivo de sacar fotos do Faro Vilán antes nunca vistas. Iniciado este percorrido na Praia de Lingunde tuvo o seu final na Praia Grande de Reira acadando unhas fotos de gran valor estético do noso querido e fermoso Faro.