• Os alumnos de 5º e 6º do Colexio O Areal de Camariñas imos de excursión!

    O luns 18 de Maio é o día elixido, por fin chega o momento que tanto levamos esperando. Ímonos de excursión ás Rías Baixas, concretamente ao Grove, quedarémonos ata o mércores 20 de Maio facendo un montón de actividades na natureza, como por exemplo ir dar unha volta pola ría nun catamarán.
  • AINHOA REGO GAÑADORA DO CONCURSO DE MICRORELATOS DE LA VOZ DE GALICIA

    Estes días o xurado de La Voz de Galicia confirmou o que todos esperábamos, que o relato de Ainhoa Rego era o gañador do concurso de Microrelatos de La Voz de Galicia. Como gañadora do concurso, no día de onte dedicáronlle unha páxina completa do xornal a ela, ós seus compañeiros de clase e ao seu relato. E ademáis recibiu un lote de diccionarios e enciclopedias como premio.
  • CELEBRAMOS A CARREIRA "SAVE THE CHILDREN" NO COLEXIO O AREAL DE CAMARIÑAS

    Este pasado xoves celebrouse no colexio a Carreira Solidaria "Save The children", na que participamos todos os alumnos/as de infantil e primaria do CEIP O Areal. Esta carreira debía haberse celebrado o día 30 de Xaneiro coincidindo có día da paz, pero tivo que aplazarse debido ao mal tempo. Unha vez que rematamos o recreo, ás 12:30 xuntámonos todos os alumnos de infantil e de primaria no patio e cantamos unha canción relacionada coa paz.  Despois dispuxémonos xa para a carreira, os primeiros en correr foron os nenos/as de infantil que deron unha volta ao patio do colexio, algúns acompañados polas súas mestras. Unha vez que remataron, tocounos aos de primaria, comezando polos máis pequenos. Primeiro correron os alumnos de 1ºA e 1ºB, a continuación os de 2º e 3º, máis tarde os de 4º, 5º A e 5º B, e por último disputamos a carreira nós, os alumnos de 6º. Pasámolo xenial na carreira, e inda que nos dixeron que era solidaria e que o importante non era o resultado, todos nos esforzamos moito para quedar ben clasificados.
  • AXÚDANOS A GAÑAR UN CONCURSO DE RELATOS!

    Varios alumnos de 6º de Primaria do CEIP O AREAL presentamos uns contos a un concurso de "Microrelatos de La Voz de Galicia". O concurso é a nivel de todo Galicia, e gañará o relato máis votado durante a próxima semana en facebook. A gran dificultade e que competimos con rapaces de 1º,2º,3º e 4º da ESO. O relato gañador levará un premio e ademáis será publicado no xornal.  Por este motivo a continuación poñemos os enlaces dos nosos contos para que os podades ler e se vos gustan os votedes:
  • Así foi o entroido 2015 no CEIP O Areal de Camariñas

    O pasado venres 13 de Febreiro celebrouse o entroido no colexio. Ao final desta noticia poderedes ver unha presentación de como íamos disfrazados. Durante as tres primeiras horas houbo clase normal, inda que algúns grupos fixemos actividades relacionadas có entroido ou incluso có San Valentín (Nós os alumnos de 6º de primaria fixemos postais de amor nas que dixemos cousas bonitas aos nosos compañeiros).
  • CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO CEIP O AREAL DE CAMARIÑAS

    Este venres no Colexio de Camariñas tivemos un montón de celebracións relacionadas có Día da Paz no no CEIP O AREAL. Neste ano no que estamos a ver numerosas guerras no Mundo como as de Siria ou Ucrania, quixemos facer moitas actividades como forma de pedir que deixe de haber guerras. A Actividade principal deste dia foi a decoración dun tarro e a plantación dunha planta nel por cada grupo de infantil e de primaria.  Na imaxe da esquerda poden ver a planta de 6º, nela aparecen unhas semillas que forman a palabra amor, e delas saen un montón de flores representando que do amor poden saír cousas moi bonitas. E na foto da dereita podemos ver aos alumnos de 1º realizando a plantación no seu tarro. 
  • ALUMNOS DO CEIP O AREAL VENDEN RIFAS

    Os alumnos/as do CEIP O Areal de 5º e 6º de Primaria, venderemos rifas durante estos días, polo noso pobo, para recaudar diñeiro para a excursión de fin de curso.
  • Chegou o Nadal ao Colexio de Camariñas

    Despois de un trimestre no que traballamos moitísimo, este venres ímonos de vacacións a disfrutar do Nadal. A primeira actividade que fixemos foi un concurso de tarxetas de Nadal, cada alumno/a de primaria e de infantil fixo unha postal relacionada co Nadal. Entre todas elas foi elixida como gañadora a da nosa compañeira de 6º  Marta Antelo Moreira. Postal que será enviada nestes días a todas as familias que teñan nenos no Ceip O Areal.
  • Os alumnos/as do CEIP O Areal de Camariñas vendemos bólas de Nadal

    Durante esta semana os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estivemos fabricando bólas de nadal de forma artesanal con papel de alumninio, plásticos de cores e cintas. Os nenos de 5º e 6º imos ir de excursión en fin de curso, e xa estamos intentando recaudar diñeiro para poder realizar o viaxe. Xa vendimos polo pobo o número da lotería de Nadal 57.121, que haber si toca!!! E agora ocorréusenos fabricar bólas de Nadal e vendelas aos nosos amigos e coñecidos, por un precio módico de 1€ que nos axude a financiar esta actividade de fin de curso. Esperemos que vos gusten e colaboredes con nós comprando moitas bólas!!! Nas fotos que vos mostramos podedes ver como traballamos na súa elaboración, e tamén como nos quedaron algunhas das bólas. 
  • No Ceip O Areal de Camariñas celebramos o Magosto

    O venres día 7 de Novembro, no CEIP O Areal celebramos a festa do Magosto. Dende as 9:30 ata as 12:00 tivemos clase normal e logo saímos ao recreo.Cando rematou o recreo tódolos alumnos/as do colexio fomos ao patio cuberto onde nos situamos por aulas. Alí déronnos os premios (uns xogos para as aulas) aos gañadores das portas máis terroríficas, que foron as de 1º de educación infantil; a de 3º de primaria e a de 6º de primaria. Despois tamén veu unha representante do clube náutico que nos deu os premios duns debuxos que fixemos o ano pasado nunha saída que fixemos os nenos/as de primaria a recoller lixo á praia de Lago. Os gañadores dos debuxos foron Alba Mouzo de 2º de Primaria, Carmen Laura Cabanas de 5º e Vanina Tajes de 6º, déronlles uns libros chulísimos.
  • Celebramos o Samain 2014 no CEIP O Areal de Camariñas

    O xoves 30 de Outubro celebramos o Samaín no CEIP O Areal. Fixemos unha exposición de cabazas e vimos uns contos de medo. O pasado xoves tivemos festa no cole. Dende o martes estivemos traendo cabazas ao centro, e o xoves todos os nenos/as baixamos a visitar a exposición. Durante toda a mañán os nenos de 6º de Primaria estiveron mostrando un traballo feito por eles aos compañeiros de infantil e primaria. Este traballo eran uns vídeos de medo feitos por eles, para elaboralos primeiro inventaron un conto, despois fixeron uns debuxos para representalo, e finalmente montaron un vídeo cos debuxos, con música de terror e contándoo coas súas propias voces.
  • Este curso os alumnos de 6º do Ceip O Areal, faremos de xornalistas

    Este curso 2014-15 os alumnos de sexto iremos contando todo o que ocorre no colexio, todos estos sucesos escribirémolos tanto no blog da aula BLOG DOS ALUMNOS DE 6º DO CEIP O AREAL, coma no xornal dixital www.camarinas.eu.