• O Coro Brisas do Mar de Camariñas no Luar da TVG da man de Xosé Luis Blanco

    Con motivo dos actos programados polo Concello de Camariñas no aniversario do afundimento do HMS Serpent, a TVG emitía este venres noite no Luar, o programa estrela das noites da canle autonómica, unha pequena reportaxe sobre o afundimento do navío inglés que embarrancou tráxicamente na costa de Camariñas levándose a vida de 173 mariños ingleses. Como non podías ser doutro xeito o mestre de xornalistas da vila das palilleiras Xosé Luís Blanco Campaña foi o encargado, moi emocionado, de describir o periplo do buque ao mando de Mr. Ross que dou nome á Costa da Morte cando embarrancou nos baixos da Punta do Boi.
  • Actos conmemorativos do 127 aniversario do afundimento do Serpent en Camariñas

    Nunha noite de forte temporal un buque británico, con 175 tripulantes, foise contra os baixos do Boi. Os tombos do mar non tardaron en esnaquizar a barco e a tripulación dos que solo tres conseguiron gañar a costa con vida e dar noticia de tan tremendo naufraxio. Foi un 10 de novembro de 1.890 e pasou a engrosar a longa lista de barcos e mariñeiros que atoparon a morte nas bravas augas da Costa da Morte. Os corpos, arroxados aos areais polo mar, foron enterrados nun camposanto construído no mesmo lugar do afundimento, o Cemiterio dos Ingleses, polos veciños da parroquia de Xaviña que tiraron por terra lendas negras sobre piratería de terra e outras fábulas. Todo Santa Mariña e todo Brañas verdes, xunto con outros veciños de Xaviña, recolleron os cadáveres “coma quen recolle alghaso”, segundo contan aínda hoxe os herdeiros daqueles heroes, e non solo lle deron sepultura se non que aportaron traballo e medios para facerlles un camposanto digno.
  • Actos conmemorativos do 122 Aniversario do afundimento do Serpent

    Un clásico dos actos oficiais verá a súa edición do 2012 este sábado 10 de novembro. Ca presencia do Alcalde camariñán Pichurri, do Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española (¿?) José Manuel Pato González, do escritor Juan Campos e do Deseñador Antonio Pernas a partires das 22:30 e baixo o fondo musical do Coro Municipal darase cumprida homenaxe aos náufragos da maior traxedia marítima da Costa da Morte no entorno salvaxe do Cemiterio dos Ingleses. Sin un só representante das autoridades británicas, que se saiba. Tal vez e pasando por enriba de comparacións odiosas haia que preguntarse se na Gran Bretaña honran as pequenas vilas costeiras a aqueles mariños españoles, maiormente galegos, que se esnaquizaron contra as rochas británicas por mor dos elementos alá na expedición da Armada Invencible.
  • ¿Pantasmas no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas?

    Imos cunha historia de pantasmas e non estamos a falar dos mortos vivientes do PP camariñán que vemos deambular de a cotío polas nosas rúas precisamente. Así en El Blog de Karkallón, un dos colaboradores do programa do canal propiedade do Grupo Prisa (e agora de Berlusconi tamén) "Cuarto Milenio", puidemos comprobar un tanto atónitos como se certificaba sen a menor dúbida a existencia dunha serie de psicofonías no entorno do Cemiterio dos Ingleses. Trataríase dunha noticia publicada en novembro do 2010, a cal tras un pequeno destartalamiento introductorio a conta do Serpent ("Algunas versiones indican que llevaba oro para las posesiones que la corona británica tenía en ultramar y que fue desviado por raqueros gallegos alertados por los raqueros británicos que conocían la carga del buque"), advirte que "los resultados(serían as probas) parafónicos que hice en este lugar fueron muy escasos", para posteriormente pasar a afirmar que "hubo un registro que me dejó realmente sorprendido". Consistío esta sorpresiva constatación paranormal en que "en un momento dado se registra en mi grabadora una frase en la que también va incluido una especie de disparo",a cal inevitable e  irremisiblemente da lugar a unha interpretación un tanto collida polos pelos: "Una salva de reconocimiento a estos valientes marineros hecha desde el otro lado???"