Xa está todo preparado para que este domingo se celebre a tradicional procesión de Fátima na Ponte do Porto. As persoas encargadas da organización destes actos relixiosos fannos chegar o cartel e unhas imaxes nas que podemos comprobar todo o gran traballo que foi realizado altruistamente por estas xentes da Ponte do Porto. A rúa das Barrosas lucirá este domingo esplendorosa cando, despois da misa solemne en honor á Virxen de Fátima programada para as 10:30 da mañán, salgan en procesión os numerosos devotos por este importante vial porteño. Durante o tradicional percorrido polo que se leva en volandas á imaxe da virxe milagreira, os asistentes estarán acompañados pola Banda de Gaitas "Vai en Banda". Xa no alto da Pesqueira será celebrada por parte dos nenos da Ponte do Porto a representación da aparición da nosa señora de Fátima. E alí estará Camarinas.eu para dar conta de todo o que aconteza na nosa querida vila Porteña. Dende aquí queremos darlles a noraboa a toda a organziación da Fátima da Ponte do Porto.
Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas
En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto.