A praia de Camelle volve a ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga para a temporada 2020 da Xunta de Galicia. Así o informou a administración autonómica ao Concello de Camariñas tras recibir a solicitude do goberno local para que se volva a incluír ao areal no censo de praias aptas para o baño. Este sería o paso previo para que Camelle aparecese o próximo verán no censo de praias aptas para o baño. As últimas analíticas, encargadas polo goberno local, arroxan un resultado de ‘boa’ na calidade das augas do areal polo que o obxectivo da Consellería de Sanidade é comprobar que están sendo efectivas as medidas levadas a cabo polo Concello para reverter os malos resultados dos últimos exercicios.
Con gran éxito de público e participantes ven de celebrarse este pasado sábado 2 de agosto de 2014 en terras camellanas o que foi o I Torneo de Volei Praia Comarea. Foi, tal que o como indica o seu propio nome, organizado pola xove asociación camariñana Comarea que volcada na celebración do evento co apoio inestimable do Concello de Camariñas, acadou un notable éxito nesta primeira edición. O galardón tras vibrante final foi a caer alá por onde empeza Xaviña según un sae de Camariñas, na Curva do Rojo, en concreto para o equipo patrocinado polo asador que foi quen de legar o seu nome a todo un tramo automovilístico, non exento de certa complicación eso sí. Esperando xa por unha segunda edición deste evento deportivo non queda senón felicitar a organizadores e gañadores.