• Aprobación das axudas SAF no Concello de Camariñas

    Na xunta de goberno local do Concello de Camariñas realizada este venres pasado, día 12 de Novembro, aprobouse o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal.

    Este servizo ten como obxectivo atender a persoas ou unidades de convivencia no seu propio domicilio. Deste xeito, busca mellorar a calidade de vida dos usuarios, posibilitando a permanencia destes na súa contorna de convivencia habitual, favorecendo e potenciando a autonomía persoal no propio domicilio e previndo situacións de dependencia ou exclusión social entre outras cousas.

    Para lograr isto os servizos que se ofertarán serán os seguintes: axuda para levantarse e deitarse, coidado e hixiene persoal, apoio para cambios posturais, control do réxime alimentario, acompañamento fóra do fogar, compra de alimentos e produtos de uso común, limpeza e mantemento da hixiene na vivenda, preparación de alimentos... e outras de carácter complementario como a adaptación funcional do fogar, servizos de podoloxía, fisioterápia...

    O presuposto destinado ao SAF municipal é de 432.439,90 euros e terá unha duración mínima de un ano prorrogable a tres anualidades. O proxecto cubrirá un total de 23.380 horas distribuídas do seguinte xeito: para a axuda no domicilio ás persoas que accedan tendo unha recoñecida situación de dependencia prevense 19.900 horas ordinarias e 1.650 horas extraordinarias e, no caso de acceder por libre concorrencia, inclúe unha previsión de 1.650 horas ordinarias e 180 horas extraordinarias.

    Pola banda da empresa adxudicataria terá a obrigación de dirixir e coordinar ao persoal de atención directa, manter a coordinación cos servizos sociais municipais, supervisión das prestacións básicas e complementarias así como a presentación de unha avaliación xeral ao final do servizo con propostas de mellora.

  • Puntos da sesión plenaria de hoxe, Venres 28 de Maio.

    A sesión plenaria do Concello de Camariñas de hoxe, Venres 28 de Maio, tivo como proposta principal a reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández situadas na punta da Insua da localidade camariñá, así como a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención nominativa para financiar ditas obras cun valor total de 128.000 euros.

  • 100.000 euros para ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar.

    Onte, Venres 29 de Xaneiro, aprobouse por unanimidade no pleno ordinario o Plan Único Adicional 1/2021 da deputación provincial da Coruña. Con el destinaranse un total de 100.00 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Camariñas. Este plan vese reforzado dende a Xunta de Galicia neste novo curso con 500.000 horas máis que nos anteriores tentando “proporcionar unha atención profesional a todas as persoas que non eran usuarias do servizo, pero que o poidan precisar” debido a situación epidemiolóxica.

  • Propostas da sesión plenaria deste Venres 27 de Xaneiro

    A finais do mes de Decembro a deputación da Coruña aprobou os presupostos do Plan Único para o 2021. Cada concello recibirá unha partida presupostaría que depende do seu número total de habitantes e a súa extensión territorial. Deste xeito Corcubión recibe neste 2021 un total de 200.000 euros e Carballo 1´8 millóns, como exemplos da Costa da Morte. No caso de Camariñas o total ascende a 406.800.

  • O Concello de Camariñas aproba un orzamento de preto de 5 millóns de euros e aumenta a súa aposta polos servizos sociais

    O goberno local de Camariñas continúa a apostar por mellorar os servizos sociais, a promoción e a mellora do municipio. Así se desprende do orzamento municipal para o 2019, aprobado onte no pleno do Concello de Camariñas cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP. O documento, equilibrado en gastos e ingresos, ascende este ano a 4.911.330’34 euros, só 89.669’66 euros menos co do ano pasado. O goberno fai así un importante esforzo para manter esta cifra xa que en 2018 os ingresos foron maiores como consecuencia da revisión catastral, polo que se cobrou o padrón dos catro exercicios anteriores.

  • O Concello de Camariñas solicita á Xunta de Galicia máis transparencia no reparto das axudas a entidades locais

    O Concello de Camariñas celebrou, a semana pasada, unha nova sesión plenaria na que o grupo socialista presentou unha moción para solicitar á Xunta de Galicia unha maior transparencia no reparto de axudas a entidades locais. O documento pedía, ademais, unha maior autonomía para que os concellos poidan decidir cales son as actuacións máis necesarias no seu municipio. Tal e como sinala a proposta, os concellos son a administración máis próxima á cidadanía e, polo tanto, a que mellor coñece as necesidades dos veciños e veciñas.
  • O goberno local de Camariñas aposta polo aforro e non usará a dedicación parcial que lle corresponde

    O pleno do Concello de Camariñas aprobou hoxe o novo réxime de dedicacións dos concelleiros e a redistribución das diferentes concellerías. Fíxoo cos votos a favor do goberno local e a abstención do PP, xa que a concelleira do BNG non estaba presente. Na súa proposta, que foi ratificada en sesión plenaria, o goberno local aposta claramente polo aforro económico e suprimirá a dedicación parcial que lle corresponde e coa que contaba anteriormente. Así, soamente desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva a alcaldesa, Sandra Insua, e outros dous concelleiros.
  • O PP de Camariñas ponse á altura dos grupos antisistema

    O pasado domingo La Voz de Galicia publicaba unhas declaracións, suponse que do cabeza de cartel do PP de Camariñas, onde dicía “El PP de Camariñas ha manifestado su oposición a una sentencia del Contencioso Administrativo...”. Referíase, por suposto, á sentencia na que o Xulgado número tres do Contencioso Administrativo daba a razón a Pichurri na última denuncia do PP sobre a convocatoria dun Pleno onde pretendía dar conta da situación xudicial do alcalde. 
  • ¿Quo vadis PP de Camariñas?

    Onte un asasino machista recorreu máis de dous mil quilómetros dende Alemaña á España para matar a súa ex parella. Foi o último crime machista cometido por un fulano que, coma tantos outros, pensaba que a muller non é mais que unha propiedade sobre a que se pode exercer todo tipo de control e que, chegado o caso, incluso quitarlle a vida. En todo o mundo hoxe dedícase este 25 de novembro a condenar á violencia machista. En todo o mundo menos no PP de Camariñas.
  • Pleno Ordinario de Marzo 2011 no Concello de Camariñas

    Tarde bochornosa en Camariñas a deste pasado venres 25 de marzo e non só por cuestións estrictamente metereolóxicas. E eso que a cousa empezou ben: uns rapaces do Instituto Pedra da Aguia leron uns escritos en favor da defensa do medio ambiente, da igualdade entre xéneros, da inmigración, que os políticos se baixen os seus soldos e gasten os cartos con xeito, a que non haia guerras e, bueno, todas esas cousas. Ahí acabou o sentido común e sen dúbidas presentindo o que se viña enriba, os chavales, unha vez rematados os seus discursos, marcharon escopeteados como balas. Logo aprobouse por unanimidade unha modificación da ordenanza fiscal de deportes e cultura que non pareceu importar moito a nadie, houbo dúas mocións socialistas a favor da Muller Traballadora e da instalación da ITV en Zas e o enésimo rogo solicitando a construcción dunhas barandillas na Rúa do Castillo que o PP de Camariñas acometerá sin falta unha vez celebradas as eleccións municipais.