• Resultados do 7º Campionato de Pesca de Camariñas Vilán

    Os 35 pescadores que participaron este pasado sábado 07 de marzo no VII Campionato de Pesca de rocha “Cabo Vilán” en Camariña desfrutaron dun día soleado, sen vento e cunha oleaxe idónea para a pesca. Queremos agradecer ós pescadores que ano tras ano repiten e veñen a participar e especialmente ós Patrocinadores que ano tras ano fan que este Campionato se siga celebrando e que xa vaia pola súa séptima edición. E por suposto tamén a colaboración especial do Concello de Camariñas, Juanas Sport, Cofradía de Pescadores de Camariñas, Ramón Campaña Lista, os vixilantes voluntarios e a Federación Galega de Pesca. A clasificación foi a seguinte:
  • O camariñán Duardo de Lisa protagonista do programa de TVE Jara y Sedal

    Rastrexando polas ondas cibernéticas, dando un dos nosos clásicos repasos periódicos, atopamos unha pequena xoia visual que de seguida pasamos a reproducir. Ten un tempo xa, posiblemente uns anos, e nela un clásico dos programas divulgatvos na segunda canle da Televisión Española, Jara y Sedal, elixe como protagonista a un dos nosos veciños. Baseado o episodio en cuestión no mundo da pesca, a elección non podía ser máis acertada cando os reporteiros televisivos, supoñemos que tras preguntar aquí e alá pola vila, acudían na busca do noso querido amigo Duardo de Lisa. Baixo a súa cobertura embarcábanse no que hoxe en día sería dado en chamar un exercicio de pesca extrema, á caza das lubinas no entorno febril e aguerrido de Reira, quedando para os anales como un exemplo perfecto e acabado de dominio dos tempos dunha embarcación nun entorno certamente desfavorable e hostil, en canto sabio coñecemento do medio, perfecto manexo dunha lancha e hábil práctica da pesca deportiva. Un observa a Duardo e pensa en Messi tumbando rivais a base de requiebros imposibles. Un vídeo documental que aínda hoxe, pasados xa uns anos, non deixa de abraiar.