• Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. III - Pepiño e a súa historia

    "The Outlaw Juan Camariñán", o escritor fóra da lei, a maior sensación literaria da prosa dialectal en galego dos últimos anos pasa revista no volumen terceiro das súas "Historias do Mar" á forma en que se desenvolvía a vida ordinaria do milenario pobo de Camariñas durante o réximen do Xeneral Franco a través da relación que tiña co Xeneralísimo unha das persoas que mellor o coñecía.