• José Trillo Fernández-Abelenda D.E.P.

    Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións.