Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Pepe O Mantido
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
José Pérez Romero "O Mantido", Descanse en Paz
Despois dunhas duras semana ingresado no Hospital Universitario da Coruña, as peores noticias acabáronse confirmando e finalmente na noite deste domingo 14 de setembro de 2014 falecía José Pérez Romero, Pepe o Mantido. Lexendario empresario da construcción de obra pública, foi nos anos 60 cando procedente de Carnés acabou instalándose xunto á súa familia no Barrio de Corea e pasando a ser un camariñán máis. Persoa afable, de trato fácil e excepcionalmente dotada para as relacións sociais, extendío o nome da súa empresa por toda Galicia e a nómina das súas amistades sería prácticamente inacabable. Persoa entrañable, desas que un non olvida, desprendida e desinteresada nestes últimos anos disfrutou da vida na finca familiar da Carretera do Faro, onde un podía apreciar a pegada do seu talento de mestre canteiro. Falecía Pepe O Mantido aos 78 anos e os restos mortais deste célebre empresario están sendo velados no Tanatorio Costas de Vimianzo ata que as 17:30 horas deste luns 15 de setembro se encamiñen cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde a partires das 18:00 h. terá lugar un funeral de corpo presente que se preveé especialmente concurrido, tal sempre foi a simpatía e cariño que Pepe e a súa familia despertaron entre os camariñáns. É por elo que os redactores desta web queren enviar un forte abrazo e un sinceiro pésame a unha familia que ve deste xeito desaparecer ao seu patriarca. Nestes momentos queremos estar ao lado de Gloria, a súa esposa, de Maruja, a súa filla, de José Antonio, o sue xenro e dos seus netos Adriana, Martín e Javi. Ánimos e forza a todos eles nestes duros momentos. Foise Pepe O Mantido, unha auténtica lenda, imprescindible para comprender a Camariñas destes derradeiros 50 anos. Poucas veces unha persoa deixará mellor recordo en todos aqueles que tivemos o privilexio de tratalo. Pepe, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na súa Gloria.
Mantido SL, un dos patrocinadores historicos de camarinas.eu
Pepe o Mantido ao frente da súa cuadrilla nunha imaxe que recorda remotamente a Los Últimos de Filipinas
Recoñecemento a toda unha vida de traballo
Un dos maiores amigos desta redacción, espello onde mirarse e maestro do bon vivir, Pepe do Mantido, ven de ver recoñecida toda unha vida co premio que lle vai a otorgar a Federación de Empresarios da Costa da Morte (FECOM) nunha cea que se celebrará o día 29 deste mes no restaurante Palacio de Cristal de O Allo (Zas). Unha vida dedicada á obra pública, a creación de postos de traballo (tan caros nestes últimos tempos de paro estratosférico) e de creación de riqueza, será recoñecida pola Fecom, federación da que forma parte a Asociación de Empresarios de Camariñas.
Fotos Historicas: Vodas de ouro do Mantido e Gloria
Hai xa cincuenta anos, toda unha vida, que Pepe O Mantido e Gloria uníronse en santo matrimonio. Fui ano arriba ano baixo cando O Mantido construío na Punta da Virxe da Barca dúas torres que coroaban un templo sagrado e que permitían contemplar Camariñas como unha illa de beleza. Unha illa na que esta familia orixinaria de Carnés un día hai xa moitos anos acabou recalando de forma definitiva. Precisamente aquí, na Vila das Palilleiras, e no que sería co tempo un dos seus barrios máis emblemáticos (o distrito de Corea), foi onde Pepe e Gloria criaron unha familia e tomou corpo e forma unha empresa de construcción e de obra pública que se faría lexendaria en toda a Provincia da Coruña: Mantido S.L.
Cumpreanos de Jose Antonio do Mantido
A Rúa da Seara quedou como unha patena con semellante equipo profesional
Un cumpreanos entre alquitrán e gravilla
Hoxe na mañá deste venres 14 de marzo acercámonos pola Agra de Abaixo, concretamente pola rúa Seara, para ver como progresaban as obras de asfaltado das calles desta zona de Camariñas e alí poidemos observar o pouco que queda para que rematen estes traballos que están a ser realizados por un equipo increíble de currantes (esta xente si que é a que ajuanta de España): a cuadrilla que ten a empresa Construccións Mantido S.L.. De paso aproveitamos a ocasión de saúdar e felicitar a José Antonio do Mantido, o actual mandamás da mesma, que estaba a traballar de pico e pala no día do seu cumpreanos sacar unhas fotos e captar un impresionante vídeo. Pois sí, realmente esta cuadrilla de currantes como tantas outras que se poden ver por toda a xeografía española son os verdadeiros artífices de que este país non estea na quiebra. Un país dominado pola farándula, actores de tres al cuarto, directores de cine cativos ou periodistas que hoxe son dun signo político e mañán multiplícanse por menos (todo depende quen esté no poder)... pero como sempre dicimos en camarinas.eu: esta é outra historia.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Fotos Historicas: O Cansorro ano 1974, o rapaz enigmático
Tanatorio e CNC, grandes fiascos do PP
Dona María Dolores Romar Miranda, veciña de Camariñas, Descanse en Paz
Tatiana de Gran Hermano visita Vimianzo
A Radio de Felita (Un relato de Juan Camariñán)