• A auga da Vida: Visita ao Servizo Municipal de Augas de Camariñas

    Cando abrimos a billa da auga que recibimos nas nosas casas poucas veces nos decatamos de toda a infraestrutura e investimento que hai detrás. Afortunadamente o concello de Camariñas conta cun servicio de auga potable municipal deseñado para achegar o líquido elemento ate o último recuncho do seu territorio, aínda en anos de sequía acentuada coma este.