Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Pavillón Municipal de Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Obras no polideportivo O Areal de Camariñas: A mellor pista deportiva da provincia da Coruña
Camarinas.eu, sempre atentos á actualidade do noso concello, visitou o estado das obras da nova pista polideportiva do Areal. E aquí van as primeiras fotos dos traballos que, de non mediar problema, quedarán rematados nesta semana ou a principios da próxima. Unha verdadeira pasada de pista! Iso é o que puidemos observar nesta fase das obras. Unha cancha onde os nosos xogadores de primeira poderán desenvolver todo o seu talento deportivo nunha superficie homologable a calquera dos mellores equipos da ASOBAL. Das características técnicas e do resume de orzamentos e outras características xa falaremos ao remate das obras de remodelación da mellor pista da provincia da Coruña. Hoxe queremos deixar aquí a testemuña de como van os traballos dunha das principais infraestruturas deportivas do concello de Camariñas.
Camariñas aposta polas enerxías limpas nas instalacións deportivas
O concello de Camariñas foi pioneiro na instalación no seu territorio de proxectos innovadores e pioneiros en materia de enerxías limpas. O parque eólico de Cabo Vilán foi o segundo parque desta natureza instalado en España e, a parte de producir enerxía eléctrica limpa, serviu para investigar e experimentar melloras espectaculares no campo da produción de enerxía procedente do vento. Hoxe Camariñas da un paso mais alá e dota a dúas instalacións deportivas emblemáticas do concello de paneis solares que suporán un grande aforro na factura eléctrica e contribuirán a frear o cambio climático que hoxe xa ninguén cuestiona.
Mellora do Pavillón Municipal de Camariñas: Unha pista de primeira para un equipo de primeira
O mítico pavillón polideportivo do Areal en Camariñas vai ver mellorada a súa vella pista dun xeito espectacular coa consecución dunhas impotantes obras acometidas polo Concello de Camariñas. Cunha subvención da Deputación Provincial da Coruña véñense de adxudicar as obras á empresa GALITEC, especializada neste tipo de traballos. O orzamento da obra é de 100.739 euros e o técnico redactor do proxecto é Victor Hermo.
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Artículos aleatorios
Conservas Boya 27 - 21 Calipavi Novás
A fase de Ascenso a 1ª Nacional celebrarase en Camariñas
Marejada de Festas
Proxima construccion en Camarinas
Efigenia Canosa Rodríguez, Descanse en Paz