• As palilleiras de Camariñas toman a deputación para presentar o cartel da Mostra do Encaixe

    A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. No acto participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira responsable de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, e a actriz fisterrá Marta Lado. Esta última protagoniza o cartel e o vídeo promocional, que se proxectou hoxe por primeira vez na sede da institución provincial.
  • 577 palillieras na Festa da Palilleira 2011 de Camariñas

    Espectacular a acollida que tivo esta edición da Festa da Palilliera celebrada no Pavillón Muncipal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de toda Galicia déronse cita no pobo que foi, é e debe de seguir sendo o centro natural do encaixe mundial. Como moitos de vos intuides estamos a falar de Camariñas, o auténtico berce desta antiga tradición en Galicia que con iniciativas coma esta de seguro que se conseguirán moitos máis logros e afianzarase a nosa artesanía aínda máis no resto de España e Europa. O caso é que con unha ponte tan larga e un tempo tan inestable nos non tiñamos moitas espectativas de trunfo con esta festa, pero foi chegar ao pavillón e xa se esvaeceron as dúbidas con tanta xente que alí se concentraba. Como decíamos ao principio da noticia foron caseque 600 palilleiras e un bo puñado de expositores que fai desta Festa da Palilliera unha estupenda antesala da Mostra do Encaixe que, ainda que supoñemos que recibirá moitas menos subvencións que outros anos, augura moitos éxitos. Ao final desta xornada celebrouse un desfile de moda no que as modelos eran nin máis nin menos que un grupo de rapazas do noso pobo. Pero esto mostrarémovolo noutra noticia especial que adicaremos a este desfile con máis de 200 fotos. De momento deixámosvos con outra supergalería fotográfica do que aconteceu este sábado 10 de decembro en Camariñas: A capital mundial do Encaixe.
  • As nenas palilleiras de Camariñas na TVG

    Nova recalada televisiva no Concello de Camariñas, desta volta para firmar unha estupenda reportaxe sobre a labor exemplar que dende hai uns cantos anos levan a cabo a Escola Municipal de Palillo. Recalou si, este mércores 16 de novembro, no edificio do Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa do Prado, un equipo da Televisión de Galicia e alí puido comprobar nunha aula repleta de neniñas chegadas das distintas partes do concello, como se perpetúa a arte que dou renome mundial a Camariñas. Por todo elo, non cabe senón agradecer a TVG este interese amosado polos esforzos deste numeroso grupo de rapaciñas que farán posible que xa ben adentrados no século XXI, percorrendo frenéticos os camiños do postmodernismo, Camariñas siga a ser a Vila das Palilleiras.
  • Palilladas na Casa da Cultura de Camelle

    Camarinas.eu volveu esta semana a Camelle nun deses crudos días invernais que tanto caracterizan a esta franxa atlántica chamada Costa da Morte. Entre grandes rachas de vendaval e algún  chiquito que outro fixamos a nosa atención na alumeada Casa da Cultura na que se estaba a celebrar unha das habituais palilladas voluntarias ás que acuden algunhas das moitas boas palilleiras que residen nesta coñecida vila de artistas. O caso é que estas mulleres camellanas fai tempo que veñen xuntándose para palillar como se facía antigamente ca diferencia de que agora non están a luz dun candil de carburo senón que se reúnen nun dos locais máis innovadores e modernos (e caros tamén...) do Concello de Camariñas.
  • Festa do Sacramento de Camelle 2009

    Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas.
  • Festa da Palilleira de Camarinas 2009

    Na tarde do domingo 2 de agosto, en pleno Paseo Marítimo, poñíase o peche á 2ª edición da Festa da Palilleira e alí estaba acompañando ás nosas palilleiras camarinas.eu, a web dotada do don da ubicuidade no fin de semana máis intenso do que vai de ano no Concello de Camariñas. Cun certo déficit de público debido a un clima que obrigou a trasladar o operativo ao local da Marina no tarde do sábado e tal vez pola data elexida, un fin de semana a cabalo entre os turistas do mes de xullo e os de agosto, esta edición ven marcada polo concurso que coronou como Raíña do Encaixe camariñán á xove Lara Pasantes Campaña, que cunha composición en encaixe que reproducía o logo da Empresa Cerdeiras no seu 125 aniversario levouse os 800 euros cos que estaba dotado o 1º Premio.
  • Foto Histórica: Dona Sofía, unha muller emprendedora de Camariñas

    Agora que o pobo de Camariñas empeza a quentar motores con motivo da preparación da XVIII Mostra do Encaixe, non está mal recordar unha das primeiras mulleres que se decatou da forte atracción que exercicía o encaixe sobre os turistas que visitaban o noso pobo. E esa muller non era outra que Sofía do Nacho, unha muller que ao cabo dos anos resultou ser nai e avoa de moitos dos usuarios máis fieis de camarinas.eu.