• Florentino Rogero: "Os Libros Arden Mal" de Manuel Rivas

    Florentino Rogero, colaborador habitual de Camarinas.eu
    Volve o colaborador habitual de Camariñas.eu Florentino Rogero Figueiras, máis coñecido como Tino, cun novo comentario para a nosa sección de Literatura Galega. Un comentario que non crítica, xa que Tino exerce de lector apaixonado e non de crítico literario. Nesta ocasión preséntanos para que degustemos unha obra mestra, “Os libros arden mal”, unha novela que pode ser xa considerada un clásico da Literatura Galega, do autor coruñés, afincado na Costa da Morte, Manuel Rivas, un autor cuxa obra se encontra traducida a máis de vinte idiomas.