• Barcos de Camariñas na campaña do verdel en Ondarroa

    Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).