• Obras de mellora nos lugares de Pións e Riás en Buría

    ¡Ah, querido accionariado, quen tuvera unha casiña nos Lugares do Riás ou Pións! Unha antiga casa de labranza, de pedra, reconstruida e co seu xardinciño, cunha boa lareira para asar suculentos churrascos, cun pórtico fresco e galego no que dende unha cómoda mecedora ver as tardes pasar e quen sabe si dotado dunha piscina opcional. Todo elo nunha paraxe privilexiada, ca natureza agreste á volta de esquina, os areais de Reira (plena Rede Natura) a un paso e dominando dende as alturas á vila de Camariñas. Ata o de agora semellante verxel aparecía lastrado por unha carencia difícilmente xustificable: a do saneamento. Pois ben tralas obras recentemente executadas acabáronse para sempre os pozos negros nun dos lugares máis recónditos do Distrito de Buría.
  • Servicio Municipal de Obras: Praia de Lago

    Aquí en camarinas.eu vai a haber que ir pensando en abrir unha sección semanal para recoller as actuacións da nosa querida e admirada Patrulla Municipal de Obras: artesáns da obra pequena, humilde, aquela que non conleva o sobrecusto inherente á contratación externa, e que a través dun arte de filigrana van acometendo actuacións imprescindibles ao longo do concello. Nesta ocasión eran os nosos coñecidos Manuel Gómez Figueiras e Manuel Alborés Devesa os que procedían a recolocar por enésima vez os bancos de pedra da célebre Praia de Lago, famosa no mundo enteiro pola fecundidade e calidade dos seus centolos, na que unha auténtica praga de non se sabe si temporais, vandalismo ou tractores que acuden á recollida do arjaso fan que unha e outra vez os seus bancos acaben tirados pola area adiante. Alí, baixo os efectos dun vento nordeste implacable e despiadado, levaban a cabo outro dos seus traballos serios, concienzudos. Así, fálase da posibilidade de que podamos ver aos nosos chavales en traballos xa de máis envergadura na Praia de Lago (de enfrente) porque constitúen un valor en alza que pode ser obxecto en calqueira momento dunha fichaxe multimillonaria por parte dun dos concellos dos arredores. Senón ahí está o impresionante estado no que están quedando as aceras (encofrado incluido) da Avenida de Cedeira. En calqueira caso, cando cómodamente sentados sobre os bancos de pedra da Praia de Lago unha parella de xoves namorados contemple o anaranxado solpor que tiñe de fogo o horizonte, que se acorde dos esforzados operarios da Patrulla Municipal de Obras...
  • Servicio Municipal de Vias e Obras - PMO AL RESCATE

    Especialmente intensos están a ser estes últimos tempos para os chavales do Servicio Municipal de Vías e Obras. Comandados polos dous Manolos, Ex-Lonjeiro e Brañas Verdes ("un home ao que lle gusta traballar"),  parecen ter o don da ubicuidade e así podemos velos en condicións climáticas extremas acometendo todo tipo de obras sinxelas e humildes: esas que non están orzamentadas en miles euros e que tanto lles gustan inaugurar aos políticos lucindo a correspondente placa de "esta obra foi inaugurada sendo Presidente/Conselleiro/Alcalde Don Fulanito de Tal", que pouco máis é parece que foi financiada polo político do seu propio bolsillo. Non, porque nese caso costaría máis a placa conmemorativa que a obra en si.
  • Paseo Maritimo de Camariñas Fase 2

    Os veciños de Camariñas estamos a ver ultimamente un gran apuro nos últimos traballos que se están a levar nunha das obras máis importantes que se realizaron nos derradeiros 20 anos en Camariñas. E é que as obras que se están a levar a cabo na fachada marítima da nosa vila que supoñen unha total remodelación do paseo da praia e o saneamento  integral que levará as augas residuais do noso pobo cara a nova depuradora construida recentemente na zona de Portocelo constitúen un avance máis que notable no benestar e calidade de vida de todos os veciños de Camariñas. O caso é que xa se pode apreciar nitidamente como vai a quedar a estructura final deste paseo e que podes ver nunha ampla galería fotográfica marca da casa dentro desta noticia.
  • Exclusiva: Comeza a segunda fase do paseo marítimo de Camariñas

    Sobre as 16:00 horas deste martes 4 de marzo comenzaron oficialmente as obras para a construcción da segunda fase do paseo marítimo de Camariñas, que continuará o trazado actual ata chegar ao espigón vello no que se realizará un trazado peatonal. As obras foron adxudicadas polo goberno socialista de Touriño da Xunta de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros e serán levadas a cabo pola empresa de construcción Lopez Cao.
  • Novo aspecto do Cementerio dos Ingleses: Un lugar emblemático de Camarinas

    Estaba a mañá deste martes de carnaval camarinas.eu facendo unha desas viaxes de vagabundeo que tan famosa fixeron a esta redacción e que case sempre solen acabar nunha reportaxe medio cativa, cando a nova unidade móbil, aínda máis destartalada que a anterior recalou nun lugar lexendario do Concello de Camariñas: o Cementerio dos Ingleses. Pulsa na foto para ver o novo estado dos exteriores do cementerio e un vídeo.
  • Marchan a bo ritmo as obras no campo futbol de Camarinas

    As obras de remodelación do Hermanas Patiño van a bo ritmo. Video dentro da noticia.Este martes estivemos no campo de fútbol de Camariñas para comprobar "in-situ" o estado das obras de acondicionamento do campo. Según nos dicía o Buxa (que leva o tema do mantemento) non crée que se remate a tempo para o comezo da temporada. Así e todo, nós esperamos que se poida inaugurar o novo campo antes de que comeze a Liga, e se non, pois estaría ben que se inaugurara con un gran partido de Liga como sería o F.C. Camariñas vs. Porteño C.F.

  • Comezan as obras no Campo de Fútbol de Camariñas

    O campo de fútbol de Camariñas estase a remodelar completamente. Hoxe á mañá as palas empezaron a levantar o terreo do campo de fútbol de Camariñas. O cespede que era de herba natural sustituirase por un cespede artificial máis resistente para que poida xogar máis xente nel.