O Concello de Camariñas confirmou mediante un estudo arqueolóxico que a futura senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao xacemento arqueolóxico da Punta dos Castros. Logo deste resultado, o informe xa se presentou en Patrimonio para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado. Completouse unha actuación que resultou fundamental para poder desbloquear a situación e que comecen así as obras. Incluiu a limpeza manual da vexetación por parte dos operarios municipais, efectuada con control arqueolóxico.
O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano, logo de comezar hoxe as tarefas de serigrafía dun dos bancos do municipio. Neste pódese ler o ‘Camariñas, Camariñas’ da tan popular canción. Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Camariñas ven de adxudicar o proxecto para a reordenación e acondicionamento da Praza de San Xurxo. A actuación conta cun orzamento de 214.490,17 euros e permitirá gañar espazo para os peóns á vez que se mellora a accesibilidade e os servizos.
O Concello de Camariñas decidiu homenaxear os 30 anos de vida da Mostra do Encaixe de Camariñas coa instalación dun monumento de pedra coas letras de Camariñas e que, na súa base reza ‘Capital do encaixe. Mostra do encaixe, sempre en semana santa”. A estrutura está situada na fachada marítima, na zona do Cansorriño, e contribúe a crear unha fermosa estampa na que se pode apreciar a ría ao fondo.
Este martes 11 de xuño a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, mantivo un encontro co director de obra e o contratista que deron o visto bo definitivo para autorizar o comezo inminente das obras de reurbanización da rúa Río do Prado, en Camariñas. O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio. Así, na rúa Río do Prado levarase a cabo unha actuación valorada en 206.236,08 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación, co obxectivo de reurbanizar un tramo desta vía a través da construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais.
Páxina 1 de 3