• Aprendendo co surfing no Concello de Camariñas

    “O Mar na Escola” é un programa que pretende achegar o mar e a vela lixeira aos estudantes de cuarto e quinto de primaria dos centro de ensino do Concello de Camariñas. Xa leva en activo un total de 18 anos e nesta edición incorporou novos elementos que veñen a complementalo como son o “Xogade” promovido pola Xunta de Galicia ou o “Explora 10” que pretende potenciar o turismo deportivo na Costa da Morte.

    Outros elementos non son novos, se non que repiten como é o “Aprende a través do Surfing” un programa que se incorporou o ano pasado e que continúa a súa andaina nesta edición. Este nace co obxectivo prioritario de continuar a achegar o mar e os diferentes modelos de surf aos estudantes de terceiro e cuarto de primaria así como a concienciación sobre o coidado do medio mariño.

    Así, hoxe día 26 de abril, comezou esta segunda edición das clases prácticas deste “Aprende a través do Surfing” no que participaran 100 estudantes de segundo, terceiro, e cuarto curso do CEIP O Areal e do CEIP Ponte do Porto. Farano en dúas quendas: a primeira delas irá dende este martes 26 de Abril até o xoves desta mesma semana (CEIP O Areal). A segunda irá dende o luns da vindeira semana até o mércores (CEIP Ponde do Porto).

  • Volve o “Mar na Escola”

    Volve o “Mar na Escola” un programa que xa cumpre 18 anos nos centros de ensino do Concello de Camariñas e que consiste en achegar o mar e a vela lixeira aos estudantes de quinto e sexto de primaria do CEIP O Areal e o CEIP Ponte do Porto. Desta volta comezará mañá, venres 18 de Marzo, e contará cun total de 54 alumnas e alumnos que participaran nas clases prácticas desta iniciativa.

    Tamén, este ano continuarase cos elementos fundamentais desta actividade como son aqueles polos que se lles ensina aos rapaces e rapazas os modos para coidar o mar e sobre a concienciación medioambiental. Ademais, incorpórase un novo elemento como é o “Explora 10”, impulsado polo Concello de Camariñas, que pretende potenciar o turismo deportivo na Costa da Morte e que ten a misión de estruturar, organizar e incentivar este tipo de actividades a través das accións conxuntas dos municipios participantes: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

  • Volve “O Mar na Escola”

    Dende o ano 2004 os alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do Concello de Camariñas participaron no programa “O Mar na Escola” de forma ininterrompida. Porén, debido a situación sanitaria durante o 2020 este non puido levarse a cabo, mais volve no curso presente tras recibir o permiso da Inspección Educativa.

  • Da comezo o programa "O Mar na Escola 2018" do Concello de Camariñas

    Esta semana daba comezo o exitoso programa do Concello de Camariñas "O Mar na Escola". Unhas actividades pioneiras en Galicia e promovidas dende a Concellalía de Deportes de José Manuel Canosa Campaña e que tratan de levar aos colexios unha serie de deportes náuticos como a vela lixeira ou o kayak entre outros tendo unha gran aceptación entre o alumnado de todos os centros educativos do concello. Este ano participan de novo o IES Pedra da Águia con 26 nenos, o CEIP da Ponte do Porto con 25 nenos e finalmente o CEIP O Areal de Camariñas con un total de 33 alumnos que terán estas actividades en horario lectivo. Un total de 84 nenos de todo o concello que desfrutarán sanamento dos deportes náuticos gracias a este programa que desenrolan dende o Concello de Camariñas. Dende esta web queremos felicitar e tamén apoiar públicamente a todos os que fan posible estas actividades e sobretodo agora, tendo en conta que o club náutico parece estár máis enfocado en organizar feiras de non se sabe que para maior gloria do seu secretario que para a promoción dos deportes náuticos en Camariñas que é realmente para o que foi concebido.
  • Mar na Escola no Poso do Muelle

    Agora que moi serios interrogantes sobre o seu futuro poderían abrirse en breve, nada mellor que trasladar por un día as actividades de O Mar na Escola ata a paraxe centenaria do Poso do Muelle. Alí foi onde posiblemente por vez primeira en toda a súa dilatada historia marítima, na mañán dun desapacible xoves 11 de abril de 2013, as súas antigas pedras contemplaron un encontro de kayak polo. Estampa desacostumada polo inédita, elo supoñe unha interesante suxerencia de destino futuro para un enclave clásico do entramado urbán de Camariñas, unha estampa que leva remotamente ata imaxes  como as dun Gran Premio de Fórmula 1 polar rúas de Mónaco ou ás salvaxes carreiras hípicas do Palio na medieval Plaza Central de Siena, adaptado todo elo ás características privilexiadas da que constitúe a orixe do maior conxunto portuario da Costa da Morte, aquel que estaba chamado a albergar á maior flota do seu tempo. Insuficiente a súa estructura para dar axeitada resposta ás necesidades dun século que recén comenza, o Poso do Muelle adáptase flexible ao ritmo dos novos tempos.
  • Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!