Polo tanto, tal e como se facía eco esta web en recentes noticias, a fertilidade e riqueza do areal xaviñán do Ariño vese confirmada con esta importante resolución da Xunta de Galicia, que supoñe a concesión de 21 novos permisos cos que mariscar nun dos entronos naturais máis fecundos e pródigos de toda Galicia. Agora só queda esperar que a Xunta resolva este proceso selectivo ca correspondente ecuanimidade e xustiza e 21 novas familias podan pasar a engrosar a longa nómina de mariscadores da nosa Cofradía.
Así, este venres 19 de xuño de 2009 estaba o mencionado redactor na Praia da Pedrosa cando unhas boliñas moldeables de cor negra viñeron a enturbiar o seu máis que merecido descanso. Dado que a estas alturas difícilmente algún poida achacar o orixe das citadas boliñas de fuel (poucas en número e que en modo algún afectaban o máis mínimo ao baño nas prístinas e transparentes augas de Reira) a aquel espinoso e interpretable asunto que se dou en chamar "Catástrofe do Prestige" e que deixou varias mareas de distintas cores ao longo da Costa galega, hai que acabar concluindo que estamos ante outro dos innumerables sentinazos que esta costa paradisíaca ven sufrindo dende tempos inmemoriais. Os sucesivos gobernos xuran e perxuran que se extreman as medidas de vixiancia, pero a limpeza ilegal dos depósitos dos buques en alta mar prosegue a bo ritmo. Polo que se ve, a negra pátina de fuel que tiñe as pedras das Praias de Reira proseguirá por longo tempo.
E como exemplo o da parella de barcos de arrastre Coral e San Martín de la Mar, con base en Riveira, que descargaron o mércores 6 de maio no noso porto unha merluza capturada no seu aparello de nada máis e nada menos que trece kilos de peso, constituindo unha plusmarca difícil de bater aínda que non de récord xa que no palangre téñense pescado exemplares aínda máis grandes. En definitiva, un exemplar espectacular, tal e como o demostran as fotografías do interior desta noticia, publicadas gracias á xentileza dos nosos amigos do persoal da Lonxa Nova de Camariñas.
Hoxe poidemos falar con varios testigos do feito que nos xuraron que eles mesmos pensaban que era un algaso ou un cartón pero que cando a muller quixo limpar a potera douse conta, ao mesmo tempo que todos os alí presentes, que se trataba dun billete de 50 euros. Foi a millor pesca que capturou na súa vida seguramente e todos os calamareiros puxéronse nese momento a rastrear o fondo a ver si tiñan a mesma sorte. Non foi así. Desde camarinas.eu xa poidemos falar coa agrciada pescadora que nos contou toda a historia. Pulsa na foto para saber quen é.
Páxina 4 de 5