{phocagallery view=category|categoryid=796|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Barco producto camariñán ao 100%, construido no Asteleiro da Ponte do Porto, vaise tras 25 anos de servizo primeiro como naseiro despois como redeiro. Nel por exemplo foron tomadas as fotos que un lonxano 29 de outubro de 2007 ilustraban unha das máis míticas entrevistas realizadas ao longo da historia de camarinas.eu, o Top Camariñas adicado a Evaristo Antelo López, Ito, así que cando este pasado xoves 24 de marzo unha agradecida chamada telefónica nos poñía en aviso que nese mesmo momento desatracaba do porto camariñán para sempre o Gaviota, un pequeno chispazo de emoción percorría o corpo xornalístico de camarinas.eu. E alí estábamos nos, captando a última imaxe dunha embarcación que durante un cuarto de século formou parte do prolífico, cambiante, renovado universo do cerco camariñán.
Páxina 3 de 5