• Naufraxio do Vapor Gijón

    Xosé Troiano recupera no seu aniversario para Camarinas.eu un dos naufraxios máis tráxicos da Costa da MorteTal día 21 do mes de xullo de 1884, fai 128 anos, houbo unha gran desgraza, un gran desastre tanto no material como no humán. O vapor español "Gijón" levaba correo pra Cuba pero tamén persoas que ían pra aló, non se sabe cantas persoas ían a bordo pero sábese que na Coruña embarcaran 54 e que xa viña de Santander de embarcar a máis xente. Tan só houbo 56 superviventes entre o vapor español e o inglés "Laxham" con quen chocou, así que botámoslle contas e estas dánnos moi malas novas. Suponse que poderían ir unhas 160 persoas polos cálculos dos xornais da época pero só son suposicións. Houbo outro vapor inglés con nome español chamado "Huelva". Este afundíu só, mais tivo sorte porque eiquí salvaríanse tódolos tripulantes. A nosa Costa Brava faltaríalle pouco pra que definitivamente se chamara Costa da Morte. Eiquí deixamos o que se relatou dende o xornal "El Imparcial", tal día como un mércores, 23 de xullo de 1884.
  • Naufraxios do Douro e do Irurac Bat

    Travesía pola historia da Costa da Morte da man de Xosé TroianoDespois duns días de paréntesis por mor das inaprazables e fructíferas obrigas laborais, aquí volve Camarinas.eu, a web que fai frente aos ataques da ultra dereita máis violenta e dos autodenominados directores de estercoleiros cibernéticos que a alentan e apoian. E facémolo cun artigo que relata unha traxedia marítima acaecida non moi lonxe de Camariñas e que contribuío decisivamente a nomear á nosa costa como aquela que levaba nas súas entrañas un poso mortífero e cruel. Foi o afundimento por colisión entre o Douro e o Irurac Bat, catástrofe rescatada de remotos arquivos bibliográficos por Xosé Troiano, o gran investigador da historia de Camariñas.
  • Afundimento dunha lancha en Camariñas

    Esta mañá acaecía na Ría de Camariñas un terrible suceso que a punto estivo de costar dúas xóvenes vidas. A eso das 11 da mañá o noso amigo Toñito de Corea acompañado do seu cuñado procedían a levantar as nasas preto dun baixo da costa camariñana cando debido a un brusco viraxe a lancha de fibra na que estaban a traballar volcou repentinamente tirando pola borda aos dous veciños do noso concello. A situación era moi crítica para os tripulantes que se atopaban a mercede do xélido mar que cada vez golpeaba máis forte. Momentos despois como un anxo salvador apareceu a embarcación "Mary" propiedade de Jose de Flores que rescatou aos náufragos das entrañas do mar e dunha morte segura. Acto seguido o héroe salvador coa axuda da embarcación de Santiago de Santa Mariña púxose a remolcar a embarcación sinistrada ata a rampla das instalacións ocupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas. Alí entre gran número de mariñeiros que se personaron para interesarse polo estado dos seus amigos e coa axuda inestimable do noso usuario Mikel patroneando a súa embarcación Gema, procederon ao volcado e reflotamento da embarcación. Un terrible accidente que non pasou dun susto pero que pudo rematar moito peor si non fora pola intervención decisiva e milagrosa de Jose de Flores, Santiago de Santa Mariña e Juan Pasantes.
  • Naufraxios do Kenmore e Draga Rosario

    Xosé Troiano volve a arrancar dos arquivos un anaco da Historia de CamariñasFiel ao seu compromiso perenne ca historia do seu pobo, Xosé Troiano volve ás páxinas de Camarinas.eu para impartir unha lección maxistral acerca dos naufraxios do Kenmore e da draga holandesa Rosario. Desta volta a súa labor investigadora levouno a un allado exemplar de inicios de 1904 do xornal "El Mundo Futuro", que daba conta aos seus lectores da enésima desgracia acaecida nas augas turbulentas da Costa da Morte. Dous naufraxios que a memoria colectiva da Vila das Palilleiras non parece ter demasiado presentes e que nembargantes son rescatados das sombras para o gran público camariñán gracias ao traballo meticuloso, infatigable, sempre productivo de Xosé Troiano.
  • Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Morte, outro grupo para a historia musical de Camariñas

    Unha vez esvaecida no tempo e no espacio, pero sobre todo na mente dos seus fundadores, a idea daquel grupo camariñán portador das influenzas do mellor rock alternativo e que se chamaba Ritual, Diego Alonso Freire decidío non dar por rematada a súa carreira musical e así ao pouco tempo aparecía como guitarrista doutro grupo de tintes máis folk, máis tradicionais, que se dou en chamar "Náufragos da Costa da Morte". Un grupo que personalizaba a esencia federal do Concello de Camariñas aglutinando no seu seno a membros provintes das diferentes parroquias que o conforman: Roberto Más, Ramón Barba, Soledad Vidal e Juan José e Cándido Canosa, os cales deixaron para a historia musical da Costa da Morte un interesante legado que en formato mp3 reprodúcese nesta noticia. Outro legado, o fotográfico, salvouno do olvido no que esmorecía un dos membros daquel malogrado e prometedor grupo, o noso querido amigo Roberto Más, futuro membro, xunto a Soledad Vidal e Diego Alonso de "Ronsel de Arnela", o herdeiro directo da desaparición de Náufragos e que deixou para os anales o portentoso concerto da Festa da Praia do 24 de xullo de 1999 no Areal do Ariño de Xaviña actuando como teloneiros de Luar Na Lubre. Fotografías e música rescatadas do olvido polo gran museo mediático de historia contemporánea de Camariñas: camarinas.eu.
  • Os restos do naufraxio do Buque Mercante Kea chegan ao porto de Camariñas

    Os numerosos veciños da Vila de Camariñas que habitualmente saen a pasear polo seu espléndido paseo marítimo puideron observar ao longo desta última semana como ao final do mesmo, en terreos pertencentes ao antigo espigón, esmorecían esvaídos con serios desperfectos no seu casco, sobre todo pola banda da popa, os restos do que foi un bote de salvamento. Trátase dos restos do buque mercante abanderado de conveniencia nas Illas Barbados Kea, que na súa ruta dende a imperial San Petersburgo ata a caribeña Santa Marta (Colombia) foi a naufragar o pasado 30 de marzo de 2010 a 160 millas do Cabo Vilán, cando un forte golpe de mar fixo que se desprazase a súa carga o que provocou o seu inmediato afundimento.  O naufraxio trouxo consigo a desaparición de dous dos mariñeiros dunha tripulación total de 24 homes, os cales na data presente aínda están a ser intensamente buscados polos servizos de salvamento. O que si se atopou finalmente no mar pola lancha Salvamar Altair foi o bote de salvamento que xace ferido de morte no espigón camariñán. Aquí en camarinas.eu, como a pesar dos nosos antecedentes familiares, o que é saber de mar non sabemos moito (máis ben nada), decidimos visitar os restos do Kea acompañados dunha auténtica fiera marina: o noso gran amigo e usuario "O Rancho Junior", o cal procedío a impartirnos unhas sabias leccións maxistrais que fixeron todo máis fácil de dixerir.
  • Naufraxio do barco Leixón no Porto de Camariñas

    Esta venres 27 de novembro sobre as 9 e media da mañá a redacción de camarinas.eu recibía a chamada sobrecolledora dun usuario desta web que anunciaba estrepitosamente que o Leixón, barco propiedade do noso querido amigo Jesús Pensado Suárez e con matrícula 3ª CO-5-007-93, estaba a sufrir unha grave vía de auga en pleno porto de Camariñas e que o seu afundimento era inminente.  Ao momento dirixímonos ata o porto de Camariñas, concretamente a zona do espigón e alí xa vimos que o barco, en trámites de traspaso aos fillos do propietario, estaba completamente afundido. Ao parecer a embarcación viña de faenar polas proximidades da costa de Camariñas e sofreu un trance cando se lle abrío unha vía de auga co que, a toda máquina, regresaron a porto axudados por outra embarcación, dándolle tempo soamente de salvar os aparellos. Pulsa na imaxe para ver un video do naufraxio do Leixón no porto de Camariñas.
  • Héroes de Camariñas: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segura

    O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).
  • 20 aniversario do naufraxio do Cason, entrevista a Bautista Santos Ramos

    Este luns 22 de outubro de 2007 un equipo de reporteiros dunha productora de televisión chegou a Camariñas para entrevistar ao ex-alcalde Juan Bautista Santos Ramos. A entrevista é parte dun documental sobre o vixésimo aniversario do afundimento do buque petroleiro Casón en Fisterra. O decorado de fondo da entrevista non podía ser outro que unha das imaxes máis famosas do Concello de Camariñas: a estatua da Palilleira da Praza de Insuela. E de fondo, a Casa Consistorial.