Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Nadal 2017
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Comeza o Nadal 2017 no Concello de Camariñas
Como ven sendo habitual o Concello de Camariñas organiza un amplo programa de actividades co que encher o tempo de vacacións escolares neste período de nadal. A pesar de que o nadal 2017 no concello comezou oficialmente co
acendido das luces navideñas
este mércores 6 de decembro, o verdadeiro pistoletazo de saída deste auténtico batallón de actos lúdicos dará comezo o venres 22 coa Festa de Papá Noel que se celebrará na Casa de Pedra e onde os pequenos deberán levar as cartas cos seus desexos para entregárllas en man ao mesmísimo Santa Claus que pasará por Camariñas provinte desde a mesmísima Laponia finlandesa. Así e todo as diferentes actividades abranguen a música, o teatro, os espectáculos de animación ou o puro divertimento onde os mais cativos son os protagonistas. A guinda será a cabalgata onde as súas maxestades os Reis Magos percorrerán tódolos recunchos do concello levando ilusión e maxia a esportas para os nenos e maiores. Dende o concello fannos chegar a programación completa que, como se pode observar, cubre todo o territorio municipal sen deixar unha soa parroquia orfa de actos navideños. En fin queridos usuarios, outro ano máis comeza un nadal do Concello de Camariñas cheo de actividades para todos as edades. Feliz nadal!!
Campaña de nadal nos comercios do Concello de Camariñas
A concellalía de Comercio e Turismo do Concello de Camariñas que dirixe a concelleira María José Gerpe, e a rede de comercio de Camariñas organizan outro ano máis esta campaña no mes de decembro para incentivar as compras nos establecementos comerciais colaboradores. Dende o 1 ao 31 de decembro a clientela recibirá polas súas compras nas tendas participantes dende 20€ uns “rascas” que teñen premio seguro. Incluso a compra realizada lles pode sair gratis.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Cumpreanos.eu: Gabriel Torres López
Incendio Forestal de Xaviña - Tensión máxima
Grupo de Medio Ambiente do Concello de Camarinas
A xornada de Juanillo: Real Madrid B 0 - 1 FC Cartagena
Los 28, mi espejo en el cielo II