• Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritual - As orixes de camarinas.eu

    Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia.  Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.
  • Mago de Oz visita o Cafe Bar Arnela

    camarinas.eu sigue ca cobertura da viaxe que tras o concerto do venres 14 nas Festas da Xunqueira de Cee levou a recalar en Xaviña durante uns días a Carlos Prieto "Mohammed" e Fernando Ponce de León, membros de Mägo de Oz, o multitudinario grupo de rock duro con influencias celtas orixinario do barrio de Vallecas (Madrid). Nesta ocasión, acompañados dun dos mellores gaiteiros do noso concello, David de Xaviña, non quixeron perderse a espectacular festa que tiña lugar o sábado 15 no Café Bar Arnela para celebrar o 17º cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras, outro músico virtuoso se ben do acordeón,  e na que coincidiron cas potentes e aterciopeladas voces dunha Coral de Camariñas que se quixo sumar á celebración, montándose un impresionante espectáculo musical no que tamén tomaron parte activamente estes dous músicos profesionais, integrantes dunha das bandas rockeiras máis famosas de España. En fin, o que non pase no Arnela...
  • Death Coast Music Club: Queen

    God Save The Queen

    Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas
    Camarinas.eu procede a publicar un artigo de Darío Lueiro á altura das mellores revistas especializadas

    O Death Coast Music Club, a sección de música de camarinas.eu, foi concebida como un cauce de participación para que algúns dos nosos usuarios volcaran toda a súa sabiduría musical nas páxinas da web líder da Costa Atlántica. Por elo, nadie mellor que Darío Lueiro, Salaño, para escribir dende a súa Negreira natal un extenso e exhaustivo artigo adicado a Queen. A banda das infinitas posibilidades, dos exhuberantes coros vocálicos, dos riffs e punteos de guitarra de Brian May. Da voz única, amaestrada e potente, de Freddie Mercury. De aquel megaconcerto de despedida no xa demolido estadio de Wembley de 1986. O grupo que foi quen de crear "Bohemian Rhapsody", posiblemente a mellor canción da historia do rock... Porque pasarán miles de anos, pero a música de Queen seguirá ahí.

  • Death Coast Music Club: Soundgarden

    Hipnotizados polo sonido Grunge

    Un grupo distinto, cunha base rítmica pesada e potente que chegou a liderar o movemento grunge
    Un grupo distinto, cunha base rítmica pesada e potente que chegou a liderar o movemento grunge

    Agora que chega o período estival, a semellanza do ocurrido no verán do 2008, a sección de cine de camarinas.eu tómase un respiro. Pero o maxín do redactor audiovisual da web líder do Atlántico Norte, Luis Esteiro Ramos,  non descansa e ven de idear unha volta de torca o seu DCCC: unha sección de música na que cada un dos artigos será escrito por usuarios diferentes. O primeiro artigo do Death Coast Music Club (DCMC) adícallo Luis a un estilo musical nacido nos suburbios da remota e illada cidade norteamericana de Seattle, o que se deu en chamar estilo Grunge, e a un dos seus grupos máis representativos: Soundgarden.

  • Pablo Laranjo Campaña, os 27 anos dun baixista de prestixio

    Aquí en Camariñas temos de todo. Mariñeiros expertos, deportistas de élite, músicos de prestixio, xornalistas profesionais, redactores de web pentamillonarias... Dentro do grupo pertencente aos artistas melódicos nestes últimos tempos e seguindo a gloriosa estela musical inaugurada polo seu primo alá nos turbulentos anos 90 surxío un baixista de recoñecida competencia que ven de colleitar cada vez máis éxitos ao frente da base rítmica de Snatch, grupo que acaba de ser incluido na Rede Galega da Musica en Vivo polo que en breve iniciaran unha xira por distintos locais ao longo de toda Galicia.
  • Materia, o grupo rock da Ponte do Porto actuará na Xunqueira de Cee 2008

    É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo  Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos.

  • SNATCH, o grupo de Pablo Laranjo Campaña, outro camariñán que triunfa cun grupo de rock

    Seguindo a gloriosa estela musical que un primo seu xa abrira hai máis de 10 anos co que foi ata o de agora o mellor grupo de rock da historia de Camariñas (The Third is the Piggiest, xa recordado cun artigo nestas mesmas páxinas), o camariñán Pablo Laranjo Campaña triunfa enriba dos escenarios como baixista do grupo Snatch, grupo que ven de ser elexido primeiro clasificado dentro do concurso Musicódromo 08, repetindo con elo o éxito acadado o ano pasado ao gañar o Millarock 07 e que este venres 20 de xuño estará actuando en directo no pub Nerio de Cee. Pulsa na foto se queres saber algo máis de Snatch, ver as fotos do grupo en acción e un vídeo.
  • Recordando o mellor grupo de rock da historia de Camariñas

    A web Hispasónicos.com dedícalle un especial a "The third is the piggiest"

    Foto sacada en decembro de 1994 pouco antes do concerto debut do grupo na Ponte do Porto
    Foto sacada en decembro de 1994 pouco antes do concerto debut do grupo na Ponte do Porto

    Hoxe atopámonos no foro cunha sorpresa que nos envía dende Barcelona o noso usuario Xabi e que lembra aquel famoso, malogrado e volatilizado grupo rock camariñán de leyenda negra The third is the piggiest (literalmente "O terceiro é o máis porco"), do que non quedaron nin as raspas e do que el mesmo formou parte tocando a batería. Agora Xabier vive en Barcelona onde triunfa dirixindo a páxina www.hispasonic.com unha comunidade de músicos amateur e profesionais donde calqueira usuario pode subir a súa música e que recibe miles de visitas tódolos días. Hispasonic.com foi fundada por Xabier hai anos e leva unha traxectoria envidiable sendo unha referencia a nivel español. A redacción da fe de todo o que di Xabi daquel grupo mítico e de destino fatal:

    Finales de los 80. "El tercero es el más cerdo", ese era el nombre de mi primer grupo mínimamente serio y organizado. De izquierda a derecha: Diego (guitarra), yo mismo (batería), Marcos (voz) y Óscar (bajo). La foto superior iba a ser la portada de nuestro gran disco de lanzamiento.

    Sonábamos como un batiburrillo de U2, Waterboys y Heavy Metal de los 80. Nos empeñamos en hacer letras en inglés... nuestro tema más reseñable fue "Romanic walls", del que sólo quedan recuerdos.

    Nuestro mayor evento... telonear al grupo local "Herdeiros da Crus" en el Festival da Fervenza, en Mazaricos (A Coruña). El guitarra no se tenía en pie, todos lo hicimos fatal y los abucheos no faltaron: ¡Bajamos del escenario al cuarto o quinto tema sin oir un solo aplauso! Qué tiempos...

  • Todo preparado no Curbeiro para o concerto de Maisha

    Os grupos xa quentan motores e afinan os instrumentos no Curbeiro. Xa en toda Camariñas estamos esperando que empezen a ruxir as guitarras e os tambores. Os grupos son de calidade e o tempo non pode ser millor. Espéranos unha noite de bóa música e diversión. Estaremos hoxe toda noite para quitar as fotos e mañá meteremolas na galería de fotos especial deste festival.
  • Concerto de Materia en Cee

    Serán telonieros de "Los Suaves" no concerto da Xuventude de Cee. Materia, o grupo de Metal da Ponte do Porto darán entrada na festa da Xunqueira de Cee ao mítico e irrepetible grupo de Rock&Roll Ourensá Los Suaves. En camarinas.eu teremos unha galería de fotos especial para este concerto que eles mesmos nos ceden. Esperemos que o Luns estean xa colgadas nesta web.
  • Cultura