Despois de anos e anos de estudios musicais, de empaparse con deceas de grupos da dureza do metal, da armonia melodica de musicas do mundo ou da sabiduría do jazz chega o turno de enfrascarse noutro proxecto para o baterista camariñán Álvaro Trillo. Este virtuoso das baquetas creiado na Carretera do Faro da Vila das Palilleiras emprende, xunto a outros dous expléndidos músicos un novo grupo musical único na súa especie. Trátase do trío Udra, nome que cremos que fai referencia a ese cabo situado nos mares do Morrazo e do que saíron tantas lendas castrexas. Sexa como fora, este virtuosísimo conxunto de músicos galegos ben de estrear o seu primeiro videoclip. Un maravilloso compendio armónico con reminiscencias de Jazz (non podía ser doutro xeito con Álvaro), Funk, Soul e incluso Hip-hop con matices de Rock Progesivo difícil de encadrar na actual perspectiva musical e que soen denominar os entendidos nesto como Neo Soul. Para contratacións e actuacións o grupo pon a disposición dos interesados o número de contacto do seu manager 647 055 245. E dende aquí rematamos esta nova presentamos en exclusiva ese gran traballo musical en forma de videoclip dun grupo que está chamado a facer grandes cousas nun mundillo musical galego cada vez máis innovador. Noraboa poo gran traballo!
Este domingo 7 de abril ás 18:00 horas da tarde será celebrada na Casa de Pedra a preestrea do video-clip "Eu Son Camariñas" por parte dos seus creadores. Despois de 5 meses de intensos traballos de deseño e creación audiovisua, xestións e grabacións o equipo de producción ten xa todo preparado para proceder a esta preestrea á que tan só se poderá acceder por medio do formulario da web do proxecto da web do proxecto habilitado para tal efecto. Unha preestrea exclusiva á cal asistirán tanto os seus protagonistas, creadores e representantes dos colectivos participantes no programa como ortavoces dos partidos políticos así como un selecto grupo de creadores audiovisuais invitados expresamente para facer unha valoración do gran proxecto promocional que ten en vilo a toda a cidadanía do Concello de Camariñas. Será esta gala a antesala da presentación oficial que, tal e como nos informan dende o equipo de producción de "Eu Son Camariñas", será celebrada por todo o alto nesta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e da cal terán informados aos nosos usuarios e lectores convenientemtente. Eu Son Camariñas!
Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á parroquia de Camariñas neste proxecto audiovisual. Fran contáballe a Josiño de Radio Nordés algunhas das claves do video que se está a preparar, pero sen dar moitas máis pistas e mantendo a incertidume sobre este sorprendente traballo audiovisual. E nos dende aquí seguimos con esta tensión de saber algo máis deste proxecto audiovisual que ten a todo o Concello de Camariñas sumido nunha profunda intriga.
Dende hai uns meses un grupo de profesionais do sector audiovisual está a traballar nun proxecto co propósito de elaborar un video promocional de todo o concello de Camariñas. O programa denominado "Eu son Camariñas" está protagonizado, tal e como adiantaba un destes protagonistas en Radio Nordés Cadena Ser, por un variado repertorio dos músicos máis virtuosos de toda Camariñas dos cales algún deles saíron da Escola Municipal de Camariñas para máis orgullo patrio. Este video será presentado polo propio Concello de Camariñas próximamente e para elo realizarase un acto no cal se proxectará este traballo cinematográfico en rigurosa exclusiva que se está a realizar e ao cal estarán invitados todos os veciños do concello. Para rematar dito video clip os creadores do guión precisan incorporar a este proxecto varios participantes para completalo definitivamente, para o cal se pedíu expresamente a colaboración dos centros educativos do concello. Así estes comunícannos que se necesitan voluntarios que queiran aparecer neste ambicioso proxecto audiovisual no cal se precisan os seguintes perfiles: mariscadoras, percebeiros, mariñeiros, empresas, palilleiras, escolas, etc... así como todo aquel que teña algo orixinal que ofrecer, e se está directamente relacionado coa música ou o mar no noso concello moito mellor. Todos aqueles que desexen participar neste proxecto poden facelo enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 679 871 599.
Este pasado venres 19 de febreiro era entrevistado no programa Vivindo a Costa da Morte da radio líder da Costa da Morte Radio Nordés Cadena Ser o gaiteiro xaviñán afincado en Londres David Carril. O presentador do programa, noso querido amigo Pepe Formoso charlaba xunto aos seus contertulios habituais do programa xunto ao artista xaviñán que contaba pausadamente as súas peripecias musicais pola capital do Reino Unido. Ademáis David desvelou públicamente na canle da Cadena Ser parte do proxecto audiovisual no que están a traballar un nutrido grupo de artistas e músicos do concello de Camariñas pertencentes a diferentes estilos musicais. O xaviñán daba en exclusiva a esta cadena os nomes de varios dos integrantes deste explosivo proxecto: Belem Tajes de Arou, unha das vocalistas e compositoras máis en alza de toda Galicia; Fran e Carlos Barcia, os nenos prodixio camariñáns e incombustibles integrantes da exitosa banda de folk Samarúas; E finalmente José María Pérez, un dos máis clásicos rockeiros da Costa da Morte, veciño da Ponte do Porto, que tivo a oportunidade de traballar para músicos de talla internacional durante a súa estadía en Londres. Todos eles acompañados do gaiteiro David Carril que expresamente se trasladou dende a cidade londinense durante todo este mes de febreiro e marzo para facer realidade un proxecto dirixido por un equipo cinematográfico de primeiro nivel. Un grupo de músicos heterogéneo que conforma un proxecto musical que proximamente verá a luz e do cal vos teremos convenientemente informados desde Camarinas.eu.
Páxina 1 de 2