A pasada campaña de nadal foi a primeira na que a plataforma MerCamariñas operaba a pleno rendemento dando espazo ao comercio local na rede de redes con máis de 1.300 produtos en liña. A raíz disto, e con motivo de celebralo, o Concello de Camariñas realizou un sorteo entre os seus usuarios. Calquera que comprara nesta plataforma durante o período de nadal pasaba a optar ao premio: un total de 10 vales regalo de 40 euros cada un.
Deste xeito, o uso da plataforma foi amplo, tanto no número de usuarios como no relativo a localización, algo que se puido comprobar na entrega de premios realizada nos últimos días. Nela a concelleira de comercio, Lara Pasantes, reuniuse cos afortunados na praza do Concello. Estes eran de diversas localidades como Camariñas, Xaviña ou a Ponte do Porto, mais tamén de lugares como Cee ou Muxía que atoparon no MerCamariñas o seu espazo de confianza e que mostra a utilidade de unha plataforma que permite ao pequeno comercio local competir nun mundo globalizado.
Chega a campaña de Nadal e con el as compras asociadas a esta época como cada ano. Porén, desta vez as cousas son un tanto diferentes, polo menos no Concello de Camariñas. Isto débese a presenza do MerCamariñas, unha plataforma de compra online específica desta zona da costa da Morte. Nela os usuarios poden mercar nas tendas do comercio local sen saír das súas casas e recibir a compras efectuadas na mesma.
Deste xeito, e co obxectivo de dinamizar a economía local, o goberno do Concello camariñán repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que se decidan a realizar as súas compras na plataforma MerCamariñas. Isto farase a través de un sorteo entre os usuarios de 10 vales por valor 40 euros e que se poderán gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio.
Ao mesmo tempo e para facilitar o uso da plataforma os establecementos da plataforma contarán cun código QR que colocarán nas portas das súas tendas. Así, as persoas que desexan visitar a páxina do MerCamariñas que lle corresponde so terán que escanealo e accederán a mesma.
O “Mercamariñas” é unha plataforma de venta online para os comercios locais do Concello de Camariñas. A idea de realizar este proxecto xurde a raíz do pasado confinamento e as dificultades que propicio este para o pequeno comercio local. Con el pretendese axudar a estes negocios a iniciarse na venta online que a día de hoxe acapara gran parte do mercado e até o de agora os deixaba a marxe do mesmo.
Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”.
Esta semana comezaron as titorías presenciais nas tendas adheridas ao “MerCamariñas”, proxecto que xorde dende o Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a adaptarse a venta online mediante unha central no dominio web www.mercamarinas.com.
A iniciativa do “MerCamariñas” xorde coa intención de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que así poidan vender os seus produtos a través da internet. Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e contará co xestionamento técnico da empresa local WP Nordés. Os comerciantes so se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo nas redes sociais.
A plataforma “Mercamariñas” do Concello de Camariñas pretende adaptar aos comerciantes locais ao mundo da compra/venda a través de internet. Funcionará a xeito de centro comercial virtual a través do dominio www.mercamarinas.com onde se poderán atopar todos os establecementos do municipio que participen na iniciativa.
“A vida cambiou moitísimo nos últimos anos”. Quen non escoitou esta frase algunha vez na súa vida? Normalmente tende a vir de alguén maior a un mesmo, ou un dilla a alguén máis novo. Case chega a punto de establecerse como un tópico deses que perden un pouco o seu significado. Mais, se somos sinceros, nos últimos tempos si podemos asegurar sen temor a dubidas que as cousas cambiaron moito e moi rápido. E é que as tecnoloxías impactaron nas nosas vidas e transformáronas por completo case sen darnos conta. Un exemplo é o modo no que chegastes a este texto. De seguro que estabas a fedellar en Facebook pasando o cacho e decidistes ver que che podiamos contar dende o camarinas.eu. Non? Pois a noticia de hoxe ten moito que ver con isto.
Internet cambiouno todo, dende o modo no que nos comunicamos até o mero feito de ir comprar. Así é, a día de hoxe non necesitamos nin sequera levantarnos do sofá para adquirir o libro que andabamos a buscar, ese estante que precisamos ou mesmo o máis imprescindible como é a comida. Deste xeito nace no novo proxecto do Concello de Camariñas, o proxecto MerCamariñas.