Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Medio Ambiente
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Novo servizo de recollida de cartón desde o Concello de Camariñas para os establecementos comerciais
A partir deste mércores 24 de xaneiro, o Concello de Camariñas vai a poñer en funcionamento un novo servizo municipal de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda nos establecementos comerciais do noso concello. A recollida realizarase cada 15 días, sempre en mércores.
Continúa a cruzada polo medio ambiente e o aforro enerxético do Concello de Camariñas
A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas ven de adxudicar a substitución de luminarias e a instalación doutras novas en varios puntos do concello por outras moito máis eficientes, mais económicas e menos contaminantes. En concreto son 105 luminarias novas, de tecnoloxía LED, que van a supoñer un aforro con respecto as actuais do 80.3%. En términos medioambientais esta mellora significa unha redución do consumo en 64,520 KWH, e a redución de CO2 á atmósfera en preto de cuarenta e dúas mil toneladas. Xeograficamente estas luminarias serán instaladas 68 nás rúas Rampa, Castelo, Tomás Artaza, O Bico, Atalaia, Churruca, Curro Santa Ana e Portocelo, da capital municipal. En Xarás, A Ponte do Porto, instalaranse 20, e as 17 restantes instalaranse en Prado, na parroquia de Xaviña. Continúa deste xeito o programa do concello de disminuir o consumo de enerxía eléctrica e, polo tanto, a cuantiosa factura da luz que pagamos polo alumeado público verase reducida significativamente.
Contedores destinados a manter limpa a costa de Camariñas
O Concello de Camariñas está a colocar puntos de recollida de lixo e crebas depositadas polo mar na fachada atlántica da costa municipal. Esta fachada forma parte de varios roteiros de sendeirismo, entre os que destaca o Camiño dos Faros. Facilítase así a labor dos visitantes e sendeiristas que, de xeito espontáneo, xa viñan colaborando na limpeza do litoral onde se acumulan todo tipo de lixo, especialmente durante os temporais do inverno.
O Concello de Camariñas aposta fortemente pola compostaxe e a reciclaxe
A cantidade de residuos xerados pola cidadanía está en crecente aumento, e a xestión actual non consigue aproveitar os recursos pechando o ciclo da materia orgánica sen un impacto na calidade ambiental da cidade. É por isto que o Concello comezou hai 3 anos con unha aposta decidida pola compostaxe doméstica, sumando cada ano máis familias e abrindo unha vez máis unha nova convocatoria á participación, dirixida a todos os veciños do municipio que conten con un pequeno terreo no que compostar os seus residuos orgánicos, impedindo que cheguen aos contedores da rúa e pechando o ciclo da materia nos fogares.
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Artículos aleatorios
Servizo Municipal de Vias e Obras de Camarinas
O monumento a Don Jesús inaugurarase no cabodano do seu pasamento en Camariñas
La Mostra do Encaixe de Camariñas demuestra su tirón turístico en la semana santa de la Costa da Morte
Miguel Ángel Revilla apoia á iniciativa de Camarinas.eu a prol dos nosos mariñeiros
A II Mostra do Encaixe Virtual celebrarase nesta Semana Santa