• Cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

    O Concello de Camariñas presentou o cartel da vindeira edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará na Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. No cartel aparece unha modelo co traxe de noiva típico da Costa da Morte do século XVIII con aplicacións de encaixe de Camariñas, do deseñador Franco Quintáns (vestido de dúas pezas de cor negro), e mantilla de cor branco. A mantilla é unha réplica da que foi regalada á raíña Victoria polo Concello de Camariñas. A mantilla e o vestido de noiva atópanse expostos no Museo do Encaixe, que pode ser visitado polas persoas que o desexen.