• María Manuela Ramos Gesto, veciña de Camariñas, protagonista dun documental da TVG

    Nun programa da TVG chamado "Doa a Doa" Camariñas tamén está presente coa testemuña dunha das mulleres máis vellas e experimentadas de Camariñas: María Manuela Ramos Gesto, nacida en Camariñas en novembro de 1922 e muller chea de experiencias na súa vida. Filla de Andrés da Cotarra e muller do xa finado Pepe de Cariño (fillo de José Pequeno), María ou Maruja da Cotarra como se coñece a esta gran muller en Camariñas, tivo que emigrar moi nova a Inglaterra. Con 5 fillos novos e o seu home enfermo colleu as rendas da súa casa e da súa vida e embarcouse para Londres donde estivo máis de 40 anos traballando para manter aos seus. Agora, Maruja, xa retirada e descansando na súa casa, leva unha vida tranquila e só a podemos ver de vez en cando comprando na súa tenda preferida, a tenda de Dulia, a súa irmá. Neste programa podemos ver as historias dos nosos maiores que lembran persoalmente as anécdotas da súa vida.