• Maruja Cabrejo Soto: Xubilación dunha traballadora da fábrica

    Hai xa moitos anos aceptábase como cousa normal e incluso obrigatoria a identificación dun traballador ca empresa na que prestaba os seus servizos. Eran tempos nos que cando se contrataba a unha persoa era para toda a vida, cando os responsables dunha compañía velaban polos intereses dos seus asaliarados, cando ser un ladrón e un irresponsable estaba mal visto para os admnistradores. Outras épocas sepultadas definitiva e perpetuamente nuns días presentes onde o constante cambio, a irresponsabilidade e o latrocinio son o pan noso de cada día. Con todo en ocasións aínda se ven honrosas excepcións que fan a un viaxar no tempo.