Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Marcos Vázquez Campaña
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Literatura
Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritual - As orixes de camarinas.eu
Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia. Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.
Cicloturismo Camarinas.eu: Areal de Trece en Camariñas
Aquí en camarinas.eu decidimos adiantar uns días a entrada da primavera e así aproveitando o excepcional día de San Xosé do ano do noso Señor de 2009 da man dun dos maiores expertos en cicloturismo e rutas a pe e en bicicleta do Concello de Camariñas, o noso redactor e amigo Luis Rodríguez Luaces, acercámonos ata o posiblemente paraxe máis fermoso do municipio: o conxunto de praias que conforman o Areal do Trece e o lexendario Monte Branco que o abriga. Neste paraíso virxen, salvaxe e incomunicado, prácticamente sen presencia de ser humano algún, a redacción de camarinas.eu volvío a sentir a comunión ca natureza no seu grado máximo.
Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ézaro
A terrible vinganza do Monte Pindo sobre Camarinas.eu
Sábado, 21 de febreiro, 2009. O caos descendío sobre a redacción ao completo de camarinas.eu no Ézaro, a única cascada na que desemboca un río en Europa Continental. Sobre as cinco da tarde tres redactores da web que fixo posible que o Faro Vilán fora elexido o lugar máis fermoso da Costa da Morte estiveron practicamente a piques de morrer afogados nunha masacre. Os Deuses Celtas do Monte Pindo non puideron controlar a brutalidade dos seus poderes. Atraeron cara os seus dominios aos principais responsables de que os paraxes veciños de O Ézaro e do Monte Pindo non foran os gañadores dunha enquisa organizada por un periódico autonómico e desataron sobre eles a súa terrible vinganza. Uns acontecementos que case acaban de forma definitiva con Camarinas.eu.
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Artículos aleatorios
Unha sardiña de medio kilo capturada por un barco de Camariñas
Galerias de Usuarios: Caseta Forestal de Reira
Mostra Beauty 2014, unha iniciativa de Diego Alonso Fotógrafo
Manuel Martínez Mouzo D.E.P.
O Concello de Camariñas e a historia dos naufraxios.