Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Marcial Mouzo
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Marcial Mouzo presentará a gala de inauguración da canteira do FC Camariñas
O carismático periodista camariñán
Marcial Mouzo Vidal
, director do programa líder absoluto das madrugadas da radio en Galicia "Pensando en ti" e amigo da redacción desta web será o encargado de presentar a gala de inauguración das categorías inferiores do FC Camariñas no seu 40º aniversario. Confirmábao esta tarde no programa deportivo de Radio Nordés María José Carril Martínez, unha das moitas náis e pais que se desviviron traballando xunto coa directiva do FC Camariñas para obrar a milagre de que a vila dos encaixes conte cunhas categorías de fútbol infantiles dun total de 85 nenos e nenas. Así, xa pudemos confirmar que este domingo a partir das 16:00 horas, unha das lendas vivas daquel
mítico FC Camariñas
que foi quen de chegar a xogar de tí a tí en toda unha Rexional Preferente, terá a oportunidade de ver como o seu equipo da alma fai realidade por fin o tan anhelado soño de que o Concello de Camariñas conte con unha auténtica canteira futbolística de primeiro nivel na provincia. Unhas categorías inferiores ao cargo de adestradores e monitores ben formados, queridos e respetados polos nenos e totalmente volcados na formación futbolística e educacional dos seus pequenos pupilos. Profesionais do fútbol baixo a supervisión e total colaboración do adestrador do equipo senior Tono do Atlántico, uns pais e nais entregados en corpo e alma na organización de toda a infraestrucura necesaria e unha directiva do FC Camariñas apoiando aos anteriores codo con codo en todo o proceso.
12º Aniversario da morte do Alemán de Camelle
Con motivo do decimosegundo aniversario do pasamento do Alemán de Camelle o Concello de Camariñas a través do seu concelleiro Juan Carlos Canosa Marcote veñen de confeccionar unha conferencia que se desenrolará este 28 de nadal de 2014 na Casa do Alemán en Camelle. A charla, que estará tamén integrada no ambicioso programa de actuacións "Man: Mar, Arte e Natureza" contará como protagonista, ademáis de Man, coa Doutora en Belas Artes Carmen Hermo que conducirá o evento. Este está previsto que dea comezo a eso da 12:30 da mañá e no cal teremos ocasión de vislumbrar un pouco millor todo ese gran proxecto que está chamado a revolucionar o concepto turístico que temos da vila de Camelle e, sobretodo, da obra do xenial anacoreta traxicamente desaparecido hai 12 anos. Alí estará Camarinas.eu para contarvos todo o que suceda pero antes aquí vos deixamos unha pequena perla atopada no archivo radiofónico da CRTVG que rescataron dende o proxecto "Man: Mar, Arte e Natureza", unha entrevista realizada polo locutor de radio o camariñán Marcial Mouzo no ano 1986 ao mesmísimo Man.
Marcial Mouzo, Antonio Puertas e Diego Alonso no Arnela
Para comenzar a perfilar as liñas mestras dun proxecto serio e ilusionante, os tres grandes representantes do xornalismo camariñán actual, Marcial Mouzo, Antonio Puertas e Diego Alonso Freire, reuníronse na tarde deste sábado 24 de agosto no Café Bar Arnela. Alí soupemos que será cara as dúas da madrugada do vindeiro xoves cando o noso xenial Beldoña arranque a súa andaina xornalística en "Pensando en Ti", o programa maxistralmente capitaneado polas ondas da noite galega por Marcial Mouzo. Pero na citada data aínda haberá máis: o propio locutor camariñán nos soprendía ao confirmarnos que o director do medio de comunicación no que se deron a coñecer as talentosas composicións do gran poeta da Vila das Palilleiras, e no que tantos e tantos dos seus versos e relatos abraiaron ao gran público da Costa da Morte, terá tamén o seu oco como homenaxe á web que o lanzou ao estrellato literario. Á citada hora o programa arrancará cunha poesía de Antonio Puertas dando paso posteriormente a unha entrevista deste camariñán ilustre na que tamén participará Diego Alonso Freire.
Beldoña novo colaborador do programa de Marcial Mouzo
Este venres 23 de agosto de 2013 asistimos con ledicia, emoción pero sobre todo con orgullo á consagración definitiva dunha persoa, escritor para máis señas, que dou os seus primeiros pasos xornalísticos en Camarinas.eu: o noso gran amigo e habitual seguidor Marcial Mouzo, o amo absoluto da noite radiofónica galega, comunicaba ao noso usuario, amigo e colaborador Antonio Puertas que a partires deste luns tería unha sección propia na nova tempada do Programa "Pensando en Ti". Corría o segundo ano de andaina xornalística desta redacción cando demos en publicar na portada da que daquela xa era a web máis vista da Costa da Morte a aqueles usuarios que entendíamos dotados dun talento en verdade excepcional e así empezaron a aflorar xoias literarias: en primeiro lugar, alá por decembro de 2007 ou xaneiro de 2008, Juan González Soto, perdón queríamos decir Juan Camariñán, abraiaba a redactores e público cuns relatos que se chegaron a comparar cos do mesmísimo Anton Chéjov. Un pouco máis adiante, irrumpindo dende o Libro de Visitas cun fulgor deslumbrante tanto en prosa como en verso era Antonio Puertas, alias Beldoña, o que lograba para sí mesmo un 28 de novembro de 2008 unha sección propia dentro da nosa Gaceta Cultural na que iría alternando relatos (as así denominadas Historias de Camariñas) e poemas (as Antoloxías Poéticas) e por aquelo da analoxía inevitable ca Literatura Rusa era comparado con Iván Bunin, o primeiro ruso en recibir o Premio Nobel.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Encaixe Camariñas 31 - 30 Atlético Bueu
El Concello de Camariñas amplía el servicio de ayuda en el hogar
Camariñas amplía o seu programa de compostaxe a todo o Concello
Alí Babá y Las 40 Sentencias
EXCLUSIVA!! Embarcación embarrancada en Reira