• A Lotería de Navidad por fin toca en Camariñas

    O veciño e gran amigo de camarinas.eu Alfonso Martínez Blanco foi agraciado esta mañá co gordo de Navidad tocándolle 50 millóns das antigas pesetas, 300.000 euros. Atopámolo enpapado de champán cos seus amigos celebrando o premio polas rúas de Camariñas e buscando un restaurante para celebrar hoxe unha cea especial. Tamén hai rumores de que hai máis agraciados polo gordo en Camariñas. Estaremos atentos para verificalo.