Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Lonxa de Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Criadeiro de Ameixa: Alerta Máxima
Como as capas dunha cebola, o tellado do ex-criadeiro de ameixa de Camariñas vai pelando as súas planchas de uralita de xeito metódico e recurrente ata o punto que pode decirse que pasear estes caóticos días de temporal polas inmediacións do Muelle Novo equivale a un aventurerismo certamente temerario. Se o pasado 27 de decembro Camarinas.eu alertaba acerca de como o extinto temporal Dirk se levaba unha das uralitas do seu teito, novas planchas voltaron saír desgaxadas polos aires: os novos temporais que o sucederon continuaron acometendo unha infatigable labor de zapa deste vestixio arqueolóxico camariñán deixado da man de Deus, abandoado á súa sorte pola Xunta de Galicia, de xeito que en calqueira momento, ao albur dunha racha furtiva de vento, unha plancha voadora, alfombra de Aladino mortal, pode causar unha seria desgracia en calqueira veciño da Vila das Palilleiras. É por elo que dende esta redacción damos por segunda vez a voz de alarma sobre o lamentable estado desta decrépita ruina abandoada e pregamos precaución aos nosos para evitar ter que lamentar posibles desgracias persoais. Nesto, como en todo, cómpre salientar o manto de silencio que cobixa as irresponsabilidades e deixacións de administracións públicas de gran calado e que, sorpesivamente coexiste cunha estruendosa vociferación fanática e radical que rodea calqueira suposta actuación/omisión municipal. Como si o perigo, as posibles desgracias, fosen distintas dependendo da súa pertencia a un bando ou outro.
A NOVA LONXA, O PEIRAO E OUTRAS INFRAESTRUCTURAS
O porto de Camariñas reúne unha serie de condicións que fan del un dos mais seguros de toda a costa galega. Sempre foi así dende a construción do novo dique de abrigo, durante a presidencia de Fernando González Laxe. Durante moitos anos negóuselle a posibilidade de medrar xa que o proxecto de porto, deseñado naquel momento, foi esquecido pola Xunta de Galicia ate tempos moi recentes. Hoxe, entre o xa construído e o proxectado, Camariñas non solo terá o porto mais seguro de toda a Costa da Morte senón, tamén, o mellor dotado.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Liga de Veteranos As Baleas. Xornada 13
Noticias do Mar: Lago Dos
Camarinas Beauty: Mayte Castro Carril
Humillante Sentencia de Desahucio
Silvina Muñoz - Repostería creativa, Cupcakes, Muffing y Magdalenas