Ahora ben, toda esta situación deixa unha serie de inquedantes incógnitas no aire: ¿qué significa esta boa relación entre dous camariñáns tan lonxanos políticamente? ¿está a piques de formarse en Camariñas unha entente esquerdas-dereitas entre Mikel e Pepewells? ¿Adoptará esta entente forma de partido político? ¿Este partido,unha auténtica maquinaria política demoledora, concurrirá aos comicios nacionais para intentar salvar á nosa moribunda patria? ¿Será esta a solución definitiva para España? ¿Irá Diego Alonso de número tres de Mikel e Pepewells? ¿E a Lei de Paridade, quenes serán as féminas que completen esa dupla ou trío diabólico?¿Como afectará ese novo partido político á fachada marítima camellana que tanto encanta a algún político camariñán? ¿Significará esa nova entente a volta á vida política de Ruperto Mosquera ou Alonso? En fin, camarinas.eu seguirá sobre a pista, agora non é moi difícil: tódolos teléfonos do pueblo están pinchados.
Páxina 5 de 5