• Inauguración multitudinaria do Tanatorio Municipal de Camariñas

    E así, como si non se quixera a cousa, chegouse ao día da inauguración do flamante edificio que alberga o Tanatorio Municipal de Camariñas "Hnas. Fernández Espín". Unha construcción financiada casi na súa totalidade pola Deputación Provincial da Coruña capitaneada firmemente e con man de ferro polo noso flamante mestre asador Diego Calvo, o cal foi convidado ao evento por parte das autoridades municipais aínda que probablemente, por non cruzarse co persoal de confianza recentemente fulminado, o noso querido presidente deputacional prefiríu non asistir. Unha presentación, por outra parte, que contou coa presencia de alcaldes como o de Muxía, Félix Porto, algún que outro representante do tecido asociactivo camariñán, empresarios das diferentes funerarias de Vimianzo e outras vilas veciñas que se acercaron para comprobar as novas instalacións mortuorias camariñanas persoalmente, así como numerosos veciños da vila das palilleiras e do resto do concello que dende ás 11 da mañá deste histórico sábado 21 de setembro de 2013 quixeron analizar in-situ o novo tanatorio que estará ao servizo de tódolos cidadáns do concello gratuitamente. Xentes contentas e ilusionadas de veren por fin no seu pobo da alma unha infraestructura tan esperada e necesaria como a dun tanatorio propio e acabar xa dunha vez por todas co sin sentido de ver aos nosos mortos ter que pasar as últimas horas antes do sepulcro eterno en terras alleas. "Que grande e que bonito", "que tanta falta facía", "Xa temos tanatorio, menos mal" eran algunhas das frases que se podían escoitar ao redor do novo velorio camariñan.
  • Seguimento ás obras do Tanatorio de Camariñas - 30 de novembro de 2012

    Na tarde deste venres derradeiro do mes de novembro tivo Camarinas.eu a fortuna de captar en vivo un documento gráfico de valor excepcional. O Alcalde de Camariñas Pichurri, o responsable da empresa constructora e o representante da firma encargada da redacción do proxecto así como da dirección da obra reuníanse no Muiño do Vento, no que antes era un muladar cheo de silvas, toxos e malas herbas, para comprobar o estado das obras do futuro Tanatorio Municipal. Alí, baixo un impresionante cartel verdibranco que publicitaba a inversión millonaria ca que a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña financia a obra, puídose constatar a velocidade de cruceiro duns traballos que en non moito tempo poñerán punto final definitivo ao sinsentido e grave agravio comparativo que supón que os camariñáns non poidan desfrutar dos seus derradeiros intres sobre a terra na súa vila natal.
  • Inicio das Obras do Tanatorio Municipal de Camariñas

    No que era un dos últimos vestixios de salvaxismo no casco urbano de Camariñas, un muladar invadido polas silvas e as malas herbas, o ser humano dou comenzo a súa imparable labor civilizadora na mañán deste chuvioso e histórico mércores 17 de outubro  de 2012. Conforme á promesa efectuada, apenas un par de semanas despois de proceder á súa adxudicación definitiva, comenzaba a obra máis polémica dos últimos tempos, aquela que se tentou sabotear polos populares camariñáns de tódolos xeitos posibles, aquela que fará que as penosas viaxes a Vimianzo sexan tan só un mal recordo do pasado.
  • Adxudicado o futuro Tanatorio Municipal de Camariñas

    Consecuencia das ridículas guerras que provocan para finalmente acabar perdendo sempre todas, os dous grandes cráneos privilexiados dos populares camariñáns deben andar botando fume estes días a conta da recente adxudicación da construcción do que será o futuro Tanatorio Municipal. Por desgracia para esta dupla destructora a partires de agora tan só un terremoto, un maremoto, un asteroide interplanetario ou un volcán (pouco probable) poderán impedir que finalmente se construia o edificio chamado a albergar os velorios que están por chegar nas vindeiras décadas. Este venres a Xunta de Goberno local do Concello de Camariñas, recollendo o fallo da Mesa da Contratación constituida ao efecto, adxudicaba a citada obra á constructora de Dumbría "Lires Cons SL" por un importe final de 380.000,00 €, o que resultou ser o mellor dos vintaedous orzamentos presentados na que foi a poxa máis importante da historia municipal do noso concello.