• Lembranzas dun tempo que xa pasou: A Matanza

    A cría de cochos para autoconsumo é unha tradición galega que funde as súas raíces na cultura castrexa e que, ao longo de milenios, foi unha actividade que condicionou moitas das nosas costumes, tradicións e gastronomía. Nalgúns lugares de Galicia aínda se mantén a costume de criar o “porquiño de San Antón” e que era habitual en case todo o territorio.
  • Un lanse de patelo e unha traxedia que non foi, por Marisol Soneira

    Xa vos teño contado que, cando meu pai andaba ao mar,  os barcos de Camariñas ían ao cerco remolcando unha embarcacións moi parecida as traíñas vascas. Esta “lancha”  uníase coa tarrafa por medio dun cabo longo que se amarraba a proa da primeira por unha punta e a  popa da segunda coa outra.  A traíña facía de boia cando se largaba, e de depósito das capturas logo de embarcar o peixe. A medida dun bo lanse era cando se enchía a traíña ate os toletes e había que embarcar peixe na tarrafa. Estas embarcacións tiñan a súa propia tripulación (case sempre composta por tres persoas) e os seus propios aparellos. Un dos que me fascinaba era a “bomba de chicar”,  de madeira e manual, coa que manter a embarcación libre de auga. Era un traballo duro porque, as veces, había que chicar durante horas.
  • AS ROZAS E AS CASETAS DE REIRA POR MARISOL SONEIRA

    Seguramente vos preguntaredes a razón da existencia de pequenas casetas de pedra en Reira e o seu contorno. Estas casetas, feitas con pedras do mesmo sitio onde se levantaron, servían de refuxio durante o verán para as xentes de Xaviña que mantiñan os seus rabaños de ovellas e cabras permanentemente no monte. Tamén o facían as xentes de Buría pero estes, xunto cos seus animais, volvían cada noite a súa residencia.  A existencia de rabaños de ovino e caprino estaba moi estendida entre os buriáns,  e incluso deixaron a súa pegada na toponimia desta parroquia, ou porqué pensades que aínda hoxe hai unha rúa a que se lle chama A Cabreira?
  • De cando as redes se tendían ao sol, por Marisol Soneira

    Se damos un paseo polo Muelle Novo atoparemos, nalgunha ocasión, quilómetros de redes tendidas para a súa reparación ou para a súa estiba a bordo ou nun camión. Esas redes están fabricadas con materiais sintéticos que case non precisan mantemento. Pero houbo un tempo en que as redes eran de materiais naturais, como a pita, que precisaban longas e duras labores de conservación e mantemento.
  • Aquelas tardes no Río da Rega... por Marisol Soneira

    Houbo un tempo en que a roupa lavábase a man en lavadeiros colectivos, como o que aínda hoxe existe no río da Area da Vila, ou en regatos de augas limpas onde se acondicionaban as súas beiras con laxes de granito onde as mulleres, dende a orixe do mundo, arrincaban a roña da roupa. Para esa actividade había utensilios específicos que hoxe xa teñen desaparecido das nosas vidas, como o “carro do río”, que era unha especie de caixón de madeira aberto pola parte de atrás onde arrodillarse para lavar a roupa con mais comodidade. A imaxe dunha muller cun balde de zinc cheo de roupa á cabeza e o carro do río ao costado suxeito cunha das mans, camiño do río ou de regreso del,  formou parte das nosas vidas ate non fai moitos anos. Esta actividade forma parte, incluso, do noso acervo cultural: “... as nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando”
  • O vello Cunchareiro, por Marisol Soneira

    E probable que si hoxe lle preguntas a un camariñan, de menos de trinta anos, onde queda a praia do Cunchareiro non teña nin a mais remota idea. Esta ignorancia ten sentido porque xa non existe pero durante xeracións de rapaces de Buría foi a “súa” praia e onde case todos aprendemos a nadar.
  • Camariñas, unha potencia mineira, por Marisol Soneira

    Un dos minerais máis demandados na década dos corenta foi o wolframio pola súa utilización na fabricación de munición e máquinas de guerra. As historias e lendas sobre o “mineral” eran un dos rituais con que nos entretiña meu avó Andrés nas noites de verán cando os netos acudíamos a compartir a comida da celebración de Santa Mariña.
  • Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

    Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca.
  • NON TODO É O QUE PARECE...2 por Marisol Soneira

    Esta historia non ma contaron, pasoume a mín. Eu, de cativa, tíñalle moita envexa aos nenos dos “pescos” (os rapaces da vila, fillos de mariñeiros) porque cando saían da escola non tiñan mais que facer que adicarse a xogar. Nos, os rapaces de Buría, sempre tiñamos tarefas reservadas: axudar nas faenas do campo, ir por area a Lingunde para poñer nas táboas do sobrado, levar ou traer os animais a pacer, e unha infinita ringleira de traballos que, coa mentalidade de hoxe, acusarían aos nosos pais de explotación infantil.
  • O DRAMA DA EMIGRACIÓN, por Marisol Soneira

    A miña avoa Aurora, A Panadeira, era miúda de estatura pero cun carácter e unha determinación dignas dun xigante. Ese carácter e determinación fixo que tomase unha tranca contra a garda civil e o crego da parroquia cando usurparon os seus montes e sometéronos á repoboación forzosa, ala polo apoxeo da ditadura franquista. Ese comportamento valeulle o alcume de “a roxa” e non poucos desgustos nunha época onde discrepar e reivindicar dereitos non eran ben recibidos polo Ditador nin polos aduladores servís que tiña en cada curruncho da vida cotián de cada pobo ou vila. Camariñas non era unha excepción.
  • O Areal, non todo é o que parece por Marisol Soneira

    Dentro da nova etapa que Camarinas.eu botaba a andar esta mesma semana, unha das promesas realizadas aos nosos lectores era a das colaboracións fixas que darían maior renome e empaque á web de tódolos camariñáns. Unha vocación de servicio público na que as diferentes opinións, opcións e puntos de vista dos camariñáns deberían estar presentes. Entre elas, e nun acto que non cabe senón calificar como unha deferencia que nos honra e que nos fai sentir especialmente orgullosos, está a colaboración periódica que a partires de hoxe inaugura a Vicepresidenta do Parlamento Autonómico de Galicia: Marisol Soneira, que dentro da súa apretada axenda fará un oco para deleitar cada pouco aos seus veciños cun artigo que indague na historia, na identidade común, nas raíces da súa terra, a Camariñas da súa alma que leva representando tan dignamente durante toda a súa vida. Para escomenzar un artigo adicado a un rincón tan emblemático da Vila das Palilleiras como "O Areal". A nova estapa de Camarinas.eu comenza con forza.
  • A Virxe do Monte e o Culto ao Sol

    Camarinas.eu, a web independente e plural do Concello de Camariñas, aquela onde todas as voces, todas as ideoloxías, teñen cabida publica en rigurosa exclusiva un interesante artigo de Marisol Soneira, Deputada Autonómica polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e Vicepresidenta Segunda do mesmo. Un escrito que aporta un novedoso punto de vista respecto dun dos grandes santuarios espirituais da nosa terra: o milenario Monte Faro, alí onde segundo contan as crónicas na orixe da civilización os que darían en ser os primeiros habitantes de Camariñas celebraban os seus ritos paganos. Unha sorte de reinvindicación daquelas épocas remotas parece promover a iniciativa de Marisol de achegarse o 21 de xuño ata a Ermita da Virxe do Monte para contemplar, no día máis longo do ano, o solpor dende o privilexiado santuario camariñán. Unha iniciativa que non pode deixar de apoiar Camarinas.eu, que promoverá unha quedada a través das redes sociais para poder ver o maior número de xente posible na tarde noite de 21 de xuño contemplando o crepúsculo dende a Virxe do Monte.