• O cartel da XXX Mostra do Encaixe arrasa nas redes sociais e conquista Madrid

    Despois do terremoto mediático que supuxo tanto a publicación do makinf off como da revelación do impresionante cartel da Mostra do Encaixe protagonizado por Damián Álvarez, continuaba a apisonadora mediática da mostra a conquistar Madrid por tódolos flancos posibles.  As redes sociais botaron fume durante toda esta semana con estas dúas publicacións. As estadísticas ás que temos acceso dentro do facebook da Mostra son de infarto: caseque 500 veces compartido e 30.000 persoas alcanzadas en tan só 24 horas co cartel creado por Diego Alonso e protagonizado por Damián Álvarez. Unha asoballadora avalancha social poderíamos dicir que deixa en ridículo outras publicacións. Máis alá, e dentro destas accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu ao mesmo tempo promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da XXX Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano. 

  • Un Proxecto sobre o Faro Vilán, por Lara Pasantes

    Lara Pasantes Campaña, unha fermosa e intelixente camariñana, recén Diplomada en Arquitectura de Interiores pola Escola Superior de Arte da Coruña presenta a iniciativa de Camarinas.eu ao máis numeroso público cibernético da Costa da Morte o que foi o seu Proxecto de Fin de Carreira: un espectacular vídeo que amosa o uso do Faro Vilán como centro de Interpretación, como ámbito de exposicións diversas, un espacio en definitiva adicado ao universo cultural do noso ámbito territorial. Unha reorganización de interiores ambiciosa e vanguardista do máis célebre monumento camariñán que non deixará indeferentes, manifestación do talento desta xoven e experta palilleira asidua participante da Mostra do Encaixe e de diversas demostracións que despois de diplomarse como Técnica de Farmacia unha vez superado o bachiller decidío acometer desafíos de maior envergadura ingresando na Escola Superior de Arte da cidade herculina. A primeira proba da súa creatividade, a mostra do que espera en breve demostrar no mundo profesional unha vez que atope ese ansiado posto de traballo que anda buscado, tan só en Camarinas.eu.
  • Festa da Palilleira de Camarinas 2009

    Na tarde do domingo 2 de agosto, en pleno Paseo Marítimo, poñíase o peche á 2ª edición da Festa da Palilleira e alí estaba acompañando ás nosas palilleiras camarinas.eu, a web dotada do don da ubicuidade no fin de semana máis intenso do que vai de ano no Concello de Camariñas. Cun certo déficit de público debido a un clima que obrigou a trasladar o operativo ao local da Marina no tarde do sábado e tal vez pola data elexida, un fin de semana a cabalo entre os turistas do mes de xullo e os de agosto, esta edición ven marcada polo concurso que coronou como Raíña do Encaixe camariñán á xove Lara Pasantes Campaña, que cunha composición en encaixe que reproducía o logo da Empresa Cerdeiras no seu 125 aniversario levouse os 800 euros cos que estaba dotado o 1º Premio.