Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Lamastredo
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
O Concello de Camariñas destina 119.000 euros á mellora de estradas e do alumeado público
Proximamente o Concello de Camariñas sacará a licitación tres proxectos de mellora de estradas e alumeado público valorados, en total, en 119.933,09 euros dos que 114.206,08 euros están financiados con cargo ao POS+ adicional da Deputación da Coruña e 5.727,01 euros proveñen das arcas municipais.
María Lema Mouzo, Descanse en Paz
Moi preto de Dona Verita Martínez, falecida na madrugada deste xoves, vivía a señora que finaba tamén poucas horas despois. Dona María Lema Mouzo era unha querida veciña de Lamastredo e levaba xa ingresada uns días no Hospital Comarcal de Cee onde tristemente faleceu aos seus 92 anos de vida. Dona María, máis coñecida na parroquia de Xaviña por María de Lamastredo está sendo velada na Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 18:45 deste venres 15 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María de Lamastredo. Descanse en Paz.
Choque frontal entre dous coches en Lamastredo (Xaviña)
A primeira hora da mañá deste sábado 28 de marzo de 2015 rexistrábase un accidente de tráfico na carretera que une os lugares xaviñáns de Lamastredo e Pescadoira. Dous turismos que circulaban en dirección contraria chocaban frontalmente nun aparatoso accidente. Os seus ocupantes non resultaron feridos e tan só o conductor do modelo Seat León queixábase dun dolor nun dos seus brazos. Ata o lugar dos feitos trasladábase de urxencia en primer término o omnipresente Manolo de Protección Civil de Camariñas. Acto seguido eran as que se achegaban ao lugar dos feitos dúas patrullas da Garda Civil así como un furgón de atestados da mesma acompañado dunha ambulancia que ao final e afortunadamente non tivo que trasladar a ningún ferido ata o centro médico. Gracias a deus o accidente non pasou a maiores e por sorte os ocupantes dos vehículos siniestrados tan só levaron un gran susto. Dende Camarinas.eu recomendamos encarecidamente circular con prudencia sobretodo en lugares estas carreteras tan angostas e perigosas.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Viaxe ao conxunto rochoso de Penafreu
Programa LecerConsumo nas actividades de Verán do Concello de Camariñas
Visita da Vicepresidenta do Goberno a Camarinas
Fotos Históricas: O Presidente da Xunta Gonzalez Laxe en Camariñas
O Concello de Camariñas reforza novamente os servizos sociais